SEREAS DAS MIRANDAS EQUIPO DE REMO
 As Sereas das Mirandas é o nome baixo o que se inscribe o primeiro equipo galego de remo adaptado dirixido a mulleres que padeceron un cancro de mama. A iniciativa centralízase no municipio de Ares e conta co traballo coordinado do Concello da localidade, o Club de Remo e a Universidade de Sevilla (US).
O equipo desexa converterse nun proxecto de rehabilitación física e psicolóxica que bebe das investigacións realizadas polo doutor Juan Gavala na US, amosando os beneficios que proporciona o deporte, adaptando os exercicios, movementos e a intensidade ás particularidades do cancro de mama.
OS BENEFICIOS
As Sereas das Mirandas baséanse nos resultados cuantificados e testados no grupo de mulleres que integran as Leonas do Guadalquivir, xa con varios anos de práctica deportiva de remo adaptado. Dende a Universidade de Sevilla, a través dos estudos de Juan Gavala, expóñense os seguintes beneficios:
1. Aumento da flexibilidade e a forza (incluso no brazo afectado pola ciruxía)
2. Mellora da composición corporal
3. Mellora da capacidade cardio-respiratoria
4. Mellora do estado anímico, da autoestima e da saúde mental
OS PRINCIPAIS OBXECTIVOS

  • PROMOVER O ACCESO Á PRÁCTICA DEPORTIVA: A partir dun conxunto de exercicios adaptados e debidamente supervisados, é posible acceder ó remo e recuperar o deporte como unha actividade fundamental no día a día. As Sereas das Mirandas queren botar unha man facilitando o seu acceso.
  • AXUDAR NO PROCESO DE RECUPERACIÓN DO CANCRO DE MAMA: A instauración dun hábito saudable como é o exercicio do remo reporta unha considerable cantidade de beneficios que resultan claves na recuperación de corpo e mente tras os tratamentos de quimio e radioterapia.
  • CONSTRUÍR UN ESPAZO DE APOIO: A elección dun deporte de equipo, colectivo, implica tamén ir moito máis aló da mellora física: supón unha oportunidade para compartir experiencias dentro dunha rede que aporta outros elementos distintos aos que pode proporcionar un experto de remo ou oncólogo
  • LOITAR CONTRA A ESTIGMATIZACIÓN DA DOENZA: A posta en marcha desta tipoloxía de proxectos conleva unha ruptura da concepción tradicional do cancro de mama, a que precisamente impide levar a cabo actividades en realidade factibles cunha correcta supervisión e execución, como é o caso do remo.
  • INSCRICIÓNS: Para sumarse ás Sereas das Mirandas, é preciso realizar unha inscrición previa vía telemática cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/7fXemJApvSe22jxTA. Despois da inscrición, contactarase coa persoa interesada para achegar información sobre os seguintes pasos administrativos que deberá realizar.
Os horarios para a práctica desta actividade durante o mes de agosto de 2022 serán os martes e xoves, de 10:00 a 13:00 horas, cun custe mensual de 19,52 euros, segundo o prezo estipulado pola ordenanza municipal. De igual maneira, necesitarase asociarse ao Club de Remo de Ares para a participación no equipo.
Habilitaranse 15 prazas iniciais dentro das Sereas das Mirandas, dando prioridade ás persoas que padeceron ou padezan algunha patoloxía oncolóxica.

AUTORIZACIÓN DE IMAXES

A inscrición implica que o Concello poida difundir libremente a imaxe dos participantes nas actividades, sempre baixo unha utilización sen ánimo de lucro, co obxectivo de difundir e promocionar a programación municipal, intentando salvagardar a imaxe dos menores durante o seu funcionamento. Se non consinte a cesión dos dereitos de imaxe, pode facer a súa rectificación ou cancelación no correo electrónico deportes@concellodeares.com.

PROTECCIÓN DE DATOS

Seguindo o regulamento de protección datos persoais, as persoas solicitantes autorizan o tratamento dos datos facilitados polo Concello de Ares só cos fins asociados á xestión deste formulario. As persoas solicitantes poder exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación dirixíndose ao correo deportes@concellodeares.com ou vía postal a Av. Saavedra Meneses 12 15624, Ares.  

Sign in to Google to save your progress. Learn more
SEREAS DAS MIRANDAS 
DATOS XERAIS DA INSCRICIÓN
Nome e Apelidos *
DNI *
Data nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Idade *
Enderezo *
Localidade *
Código postal *
Empadroado *
Teléfono *
Correo electrónico *
¿Ten vostede algún antecedente ou doenza de carácter oncolóxico? *
Observacións de dispoñibilidade horaria:  escriba aquí embaixo as súas preferencias e limitacións horarias para a práctica deportiva: franxa de mañá, franxa de tarde...  *
DATOS AUTORIZACIÓN MENORES
Cumprimentar datos do pai/nai/tutor do menor de idade
Nome e apelidos de quen autoriza
DNI de quen autoriza
Autorización de imaxes
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy