INSCRICIÓN NO OUTONO GASTRONÓMICO
"Mondariz, da terra ao prato" é unha actividade de cociña en directo e degustación que consta dun menú de catro pratos e viño do país baseado en produtos locais, de proximidade e de tempada. Detrás do menú e dos fogóns está a recoñecida cociñeira galega Rocío Garrido, emprendedora e divulgadora da gastronomía local a través do sitio web www.cocinademiabuelo.com, mentres que os ingredientes principais dos pratos veñen de produtores locais de Mondariz.

Este evento gastronómico xorde da colaboración entre Rocío Garrido (www.cocinademiabuelo.com), a AAVV Xabriña e o Concello de Mondariz. Terá lugar na Praza de Abastos de Mondariz o vindeiro 13 de novembro (sábado), a partir das 20:00 horas. A degustación ten un custo de 20 euros/persoa e se require inscrición previa porque as prazas son limitadas. As persoas que desexen asistir a este evento gastronómico deberán completar e enviar este formulario de inscrición e aboar os 20 euros durante o control de entrada. Unha persoa pode realizar até 3 reservas a través dun formulario. As reservas se pecharán o 11 de novembro (xoves). En caso de non completar a cabida pasados 15 minutos, permitirase a entrada de persoas que non tivesen solicitado a inscrición nas mesmas condicións.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome *
Apelidos *
Número de persoas *
Correo electrónico
Teléfono móbil *
Alérxenos alimentarios
Marcar no caso de ter algunha algunha intolerancia alimentaria, a efectos informativos.
Captionless Image
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy