OUTRAS FORMAS
UN ENCONTRO CON SHARON FRIDMAN

Sharon Fridman compartirá cos públicos do teatro a proxección dun extracto da súa obra Shape on us, creada en 2020 para un elenco con e sen diversidade funcional da Compañía Vértigo de Israel.

Trátase dunha creación que permite crear un mundo invertido, un que se axusta e se pre-constrúe para cada un de nós. Un mundo que, ao abrir o telón, invita aos públicos a mirar con curiosidade e sen culpa ao corpo, ao movemento e ao espazo entre nós.

Nesta obra, Sharon continúa desenvolvendo a súa propia linguaxe coreográfica, Práctica INA, que afonda no concepto de gravidade e as súas facetas máis descoñecidas. As participantes non só dialogarán co director e coreógrafo, senón que tamén poderán experimentar un sinxelo exercicio da Práctica INA.


> venres  22 de outubro de 19h a 21h na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía de Castro.

> actividade dirixida a todas as persoas interesadas.

> a práctica é gratuíta con prazas limitadas.


Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome completo *
O teu correo electrónico *
O teu teléfono *
Gustaríanos saber algo sobre ti e sobre o que te atrae a esta convocatoria *
Tes pensado asistir á función de DOSIS DE PARAÍSO de Sharon Fridman o sábado 23 de outubro no Teatro Rosalía de Castro? *
A sala na que está planteada esta práctica non está adaptada para persoas con mobilidade reducida. Se é o teu caso, indícao a continuación e nos poñeremos en contacto contigo para atopar unha solución.
Queres comentarnos algo máis?
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy