Formulario de Inscripción no obradoiro "Encantada de coñecerme"
O obradoiro "Encantada de coñecerme" está dirixido a crear espazos de ensino e aprendizaxe grupal sobre a sexualidade e a saúde sexual, en relación aos seus aspectos físicos, biolóxicos e sociais. Estes talleres terán como obxectivo aumentar os coñecementos das participantes en conexión coas súas propias vivencias; dar resposta ás súas inquietudes, normalizar diferentes situacións, e ofrecer unha base común que lles permita tomar decisións autónomas sobre a súa sexualidade e relacións, en base ao seu propio marco de valores. Desta forma, contribuirase a un maior benestar por parte das mulleres, a unha maior prevención de riscos e, en definitiva, a un maior grao de saúde sexual. 

Os talleres suporán, ademais, un espazo de encontro que permita a posta en común de opinións e vivencias e, en moitas ocasións, a axuda mutua que redunda tanto na adquisición de habilidades por parte das mulleres, como na creación de redes de apoio.

O obradoiro realizarase os sábados 28 de outubro e 11 de novembro en horario de 10:00 a 13:00, na Casa Beatriz, Rúa San Vicente S/N.

Para inscribirte responde as preguntas que aparecen a continuación e ao final dalle a enviar.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome e apelidos *
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Teléfono *
Correo electrónico
Documento de Identidade (DNI/NIE/Pasaporte) *
Enderezo
Por que che interesa esta formación? Que esperas deste curso?
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy