XUVENTUDE VERÁN ACTIVO VERANEARES DEPORTIVO 2022
- 11 ACTIVIDADES:
Manexo de drons, padelsurf, jiu-jitsu, grappling, kaiak, voleipraia, padel, tenis de mesa e danzas urbanas
- IDADE E PRAZAS:
• Grupo 1: de 12 a 14 anos - poderán participar con 12 anos cumpridos ou que os cumpran no ano 2022.
• Grupo 2: de 15 a 18 anos - poderán participar con 15 anos cumpridos ou que os cumpran no ano 2022.
12 prazas por quincena en cada grupo en horario de 11:00 a 13:00 horas
- PREZOS:
Quincenais: 45 euros (empadroad@s) / 75 euros 45 euros (empadroad@s) (non empadroad@s)
Inclúe os materiais para as distintas actividades.

TRÁMITES E INSCRICIÓNS

As reservas realizaranse para as tres quincenas habilitadas: do 1 ao 15 de xullo (1a quenda), do 18 ao 29 de xullo (2a quenda) e do 1 ao 12 de agosto (3a quenda). Existe a posibilidade de apuntarse por mensualidade completa, previo pago adiantado do importe.

A inscrición será a través da web www.concellodeares.com, no apartado VeraneAres Deportivo 2022. As prazas cubriranse por orde de inscrición, ata esgotar as prazas, nos prazos que seguen:

• Empadroad@s ou nen@s con titores empadroad@s: do 13 ao 21 de xuño.
• Resto de persoas: do 22 de xuño en adiante.

No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo famil.iar, aplícase un desconto dun 25 % na actividade de maior importe

Procedemento de pago: unha vez confirmada a praza, haberá un período para efectuar a transferencia bancaria nun número de conta destinado a tal efecto.

Lembra que esta información de reserva e prazos só atinxe ao campamento deportivo urbán, xogos nas parroquias e xuventude verán activo.

AUTORIZACIÓN DE IMAXES

A inscrición implica que o Concello poida difundir libremente a imaxe dos participantes nas actividades, sempre baixo unha utilización sen ánimo de lucro, co obxectivo de difundir e promocionar a programación municipal, intentando salvagardar a imaxe dos menores durante o seu funcionamento. Se non consinte a cesión dos dereitos de imaxe, pode facer a súa rectificación ou cancelación no correo electrónico deportes@concellodeares.com.

PROTECCIÓN DE DATOS

Seguindo o regulamento de protección datos persoais, as persoas solicitantes autorizan o tratamento dos datos facilitados polo Concello de Ares só cos fins asociados á xestión deste formulario. As persoas solicitantes poder exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación dirixíndose ao correo deportes@concellodeares.com ou vía postal a Av. Saavedra Meneses 12 15624, Ares.   

Sign in to Google to save your progress. Learn more
XUVENTUDE VERÁN
DATOS XERAIS DO SOLICITANTE
Nome e Apelidos *
DNI
Data nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Idade *
Enderezo *
Localidade *
Código postal *
Empadroado *
Teléfono *
Correo electrónico *
Grupo de inscrición (horario de 11:00 a 13:00 horas) *
Quendas de inscición (quincenais, mesuais...) *
Required
DATOS AUTORIZACIÓN MENORES
Cumprimentar datos do pai/nai/tutor do menor de idade
Nome e apelidos de quen autoriza
DNI de quen autoriza
Dúas ou máis inscricións no núcleo familiar *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy