Foro Novo do Baixo Miño
Preinscrición para a participación no proxecto "Foro Novo do Baixo Miño"

O proxecto Foro Novo do Baixo Miño busca compartir as inquedanzas da mocidade da comarca usando o teatro foro e o teatro en espazos non convencionais. O eixo vertebrador desta proposta é a pregunta: Que necesitamos as persoas mozas para imaxinar un plan de vida nas nosas vilas?

A iniciativa comezará cunha viaxe a Lugo do 28 de agosto ao 4 de setembro,  onde as persoas participantes crearán unha peza de teatro foro que se presentará en cada un dos concellos da comarca durante o outono de 2024.

A segunda fase do proxecto comezará cuns obradoiros creativos na Guarda, no Natal para crear unha serie de pezas breves que serán representadas dentro de coches en diferentes espazos do Baixo Miño.

Este proxecto está coordinado pola asociación FOCO e conta coa colaboración dos concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui. Tamén coa Xunta de Galicia a través do Espazo Xove de Tui.  Está cofinanciado pola Unión Europea e polo tanto todas as actividades son de balde.


  
*4 PRAZAS DISPOÑIBLES POR CONCELLO*

REQUISITOS DE SELECCIÓN: 
- Ter entre 18 e 25 anos.
- Residencia legal en España. 


ATIVIDADES: 
- Encontro preparatorio en xuño, previo á viaxe a Lugo (data exacta por determinar).
- Encontro en Lugo do 28 de agosto ao 4 de setembro de 2024. 
- Obradoiros intensivos de teatro en decembro de 2024.
- Presentación das obras de teatro durante o curso 2023/2024

 
O PROCESO DE SELECCIÓN FARASE SEGUINDO OU SEGUINTE BAREMO: 
- Residir no Concello de Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño ou Tui → ata 3 PUNTOS 
- Ter experiencia teatral → ata 2 PUNTOS
- Motivación e experiencia para participar no proxecto → ata 8 PUNTOS


*TODOS OS GASTOS CUBERTOS POLO PROGRAMA ERASMUS+ (viaxes de ida/volta, aloxamento, comidas e actividades teatrais).


DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 
31/05/2024 

Máis información: 

FOCO: info@focoeuropa.com // 689 19 39 50

A Guarda: informacion@aguarda.es 
Oia: aedl@concellodeoia.es 
O Rosal: informacionxuvenil@orosal.gal
Tomiño: omix@tomino.gal
Tuiespazoxovetui.xuventude@xunta.gal  
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome *
Apelidos *
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Xero *
Concello de orixe
Clear selection
Email
Número de teléfono
Cal é a túa relación e experiencia co tema do proxecto? *
Cal é a túa motivación para participar neste proxecto? *
Consideras que tes algunha circunstancia que te supoña unha barreira para participar neste tipo de proxectos? *
Non divulgues información privada ou sensible. Podes obter máis información nesta ligazón: https://www.salto-youth.net/rc/inclusion/archive/archive-resources/inclusiongroups/inclusionoffenders/InclusionOffendersWho/ 
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This form was created inside of FOCO. Report Abuse