Queres ser Voceira do TRC Danza? (2022)
Por segundo ano consecutivo, buscamos Voceiras, personas interesadas na danza dende calquer ámbito (profesional, amador, educativo, ocio) que axude a difundir, dentro dos seus propios entornos, a programación de artes do movemento que se impulsa dende o Teatro Rosalía de Castro

O obxectivo desta iniciativa é o de achegarnos, dunha forma o máis cercana posible, a distintos públicos potenciais ao tempo que creamos unha comunidade arredor do TRC Danza. A comunidade Voceiras terá un contacto directo co equipo de Programación Expandida, participando de forma activa nas propostas do teatro e desfrutando de convites para asistir á programación do TRC Danza.

Se che interesa esta iniciativa ou queres ter máis información, podes cubrir o formulario que deixamos nesta ligazón e o equipo de Programación Expandida poñerase en contacto contigo.

Agardamos poder coñecervos moi pronto, Voceiras!

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome completo *
O teu correo electrónico *
O teu teléfono de contacto *
Por que queres ser Voceira do TRC Danza? *
Cal é a túa vinculación coas artes vivas? *
Formas partes dalgunha comunidade educativa, social ou cultural? Cales? *
No último ano (2021), cantas veces viñeches a ver espectáculos ao TRC Danza? *
No ano 2021 participaches nalgunha acción expandida do TRC Danza? *
Indica a cales (se non lembras o nome podes describir brevemente a actividade ou citar o nome da artista).
Que esperas do Programa Voceiras? *
Cantos anos tes? *
Tes algunha suxerencia ou achega?
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy