AUTOBUSES MANIFESTACIÓN COMPOSTELA
Todas paradas as paradas están xa pechadas (Ferrol, Mos, Vigo, Pontevedra, Coruña, Carballiño, Lalín, Lugo e Coruña). Chamar para consultar dispoñibilidade.


O domingo 21 de xaneiro, o pobo galego volve a berrar Nunca Máis nas rúas de Compostela para denunciar o desastre ambiental provocado polo vertido de pellets e agravado polo desleixo do goberno galego en atallalo e remedialo. Unha vez máis, a cidadanía ten que autoorganizarse para limpar as praias ante a ausencia do Estado.

Amigas da Terra, Adega, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia xúntanse para fletar autobuses a Compostela desde as cidades galegas. As organizacións ecoloxistas financian a metade da viaxe, tendo que aboar só 5€ as persoas que queiran vir nestes autobuses.

This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy