Formulario de inscripción á 3a edición do Programa Olympe Emprende  (Galicia)

#LasQueEmprendemos

🕐Data límite de inscrición? 27 Novembro de 2022

📆 Xaneiro - Xuño 2022

💸 Prezo Gratuíto  (100% Subvencionado)

💻 Onde? 90% online - 10% presencial
 
ℹ️  https://www.tandemsocial.coop/es/2022/09/19/se-abren-las-inscripciones-para-la-3a-edicion-del-programa-olympe-emprende/

Forma parte da Comunidade Olympe Emprende: dosier de fotografías
------

O programa Olympe Emprende, está organizado polas cooperativas Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop. Lévase a cabo no marco da convocatoria de POISES impulsada por CEPES e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Se es unha muller emprendedora cunha idea de emprendemento no marco da economía social e solidaria a levar a cabo en Galicia e precisas un impulso para converter esa idea en realidade. Únete a estas experiencias formativas innovadoras para validar a túa idea e coñecer as grandes oportunidades que que ofrece o emprendemento con impacto no territorio! Poderás ampliar os teus coñecementos e habilidades para a xestión dos negocios sostibles.

O programa Olympe Emprende quere ser un recurso completo e innovador ao servizo de mulleres emprendedoras que queiran poñer en marcha unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto, aquelas que queiran constituír unha cooperativa durante o 2022-2023, e incluso aquelas que xa se constituísen como cooperativa en Galicia durante o período 2021-2022. Para conseguilo ofrece un itinerario de formación, sesións de intercooperación, tours de emprendemento, webinars e acompañamento estratéxico, territorial e de competencias para o impulso de ideas de negocio con impacto na comunidade.

Todas as mulleres que queiran participar no Programa Olympe Emprende lll (incluídos os emprendementos formados por varias mulleres) teñen que cubrir este formulario.

O prazo de inscrición ao Olympe Emprende estará aberto ate o 27 de novembro.

Para resolver as túas dúbidas escríbenos a: olympeemprende@tandemsocial.coop

Para consultar as condicións de participación:  https://cutt.ly/TMmjDdg 

Este formulario levarache só uns minutos.

*Obrigatorio

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This form was created inside of Tandem Social. Report Abuse