Mediante este formulario poderás inscribirte no obradoiro "Compatibilizando traballo e lactancia" que terá lugar o martes 18 de abril de 17:00 a 19:00h.
Terá lugar na Asociación Veciñal Novo Vigo (https://goo.gl/maps/R9ZmRFENQbs)
É unha actividade organizada por Teta e Coliño e con acceso por orde de inscrición, preferente para as familias socias ata o día 13/04. O acceso aos nosos servizos é habitualmente sen custo para as familias. As nosas voluntarias ofrecen o seu tempo para que estes servizos poidan ter lugar.
Dende Teta e Coliño facemos un chamamento ao respeto e compromiso coa organización dos obradoiros. Por iso, pregamos que en caso de ter confirmada a praza e non poder asistir, se avise coa maior premura posible.