Inscrición Escape Room "Eu tamén quero ser Streamer" (Sabado 11)
Esta actividade é parte do programa "Encontros de Familias: Aprendemos Xogando" impulsado pola ANPA As Brañas do CEP de Ventín.
O Escape Room será este sábado día 11 de decembro e haberá 3 sesións:
- 16:30-17:30
- 17:40-18:40
- 18:50-19:50
Lembra que se trata de actividades en familia, polo que os menores deberán vir acompañados.
Para poder acceder á actividade será preciso o uso de mascarilla.