Inscrición "FALSO DIRECTO" 2020
Poderán participar todas aquelas bandas ou solistas con compoñentes con idades superiores aos 16 anos sempre que polo menos un compoñente do grupo estea empadroada/o no Concello de Pontevedra.

As persoas compoñentes dos grupos menores de idade afirmarán ter o consentimento de pais/nais ou titores no momento de inscribirse. En caso de resultar seleccionadas/os solicitaráselles unha autorización formal, firmada e por escrito.

Debido ás medidas de seguridade derivadas da COVID-19 o número máximo de persoas integrantes do grupo é de 5. De ser máis persoas non poderían gravar todas a actuación en directo dentro das instalacións do Local.
 
A matrícula da formación será totalmente GRATUÍTA.

Pre-Inscrición. Até o 12 de xullo de 2020 ás 23:59h.
Selección: 13 de xullo de 2020.
Confirmación de bandas e calendarios: 13 de xullo 2020.
Formacións, asesorías e mentorías: 13 a 31 de xullo.
Gravacións das actuacións: 20, 21 e 22 de xullo (No Local de música)
Emisión dos vídeos: Do 27 ao 31 de xullo.

Materiais didácticos:

Os 10 grupos seleccionados para disporán dun saldo de 250 euros para a compra de elementos que melloren a súa proposta artística.
Acordarase coa organización a utilización destes fondos.
Para recibir o saldo é condición indispensable gravar o vídeo da actuación en directo nas datas sinaladas.

_
Antes de enviar:
**LEE E REVISA BEN OS CRITERIOS NA WEB ANTES DE FACER A INSCRICIÓN

https://blog.localdemusica.gal/falso-directo-2020/

**Revisa a DISPOÑIBILIDADE real para as datas das gravacións.
__
O formulario solicitará os datos principais do grupo e dos seus compoñentes. Procura que todos estén correctos. As solicitudes incompletas ou con informacións incorrectas non se admitirán. Todos os datos solicitados marcados cun * son obrigatorios.

Recomendámosche que leas as bases/condicións completas. Se tes dúbidas podes poñerte en contacto co Local de Música polos medios habituais.

OFICINA: 986 856 573
WhatsApp: 639 98 66 52
MAIL: localdemusica@gmail.com
R/ Otero Pedraio, s/n. 36003. Pontevedra (Ao carón de Vialia)

Horarios de atención ao público: luns a venres: 10:00 a 22:00.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome da banda ou solista *
Nome e apelidos da persoa representante *
Email *
A poder ser, que funcione. Non o do spam.
Email - repite *
De verdade, que funcione que é para info importante.
Teléfono/s de contacto *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This form was created inside of XENEME. Report Abuse