Convivencia en LUGO - Medrando 2021
No albergue LUG2, do 1 ao 3 de Outubro de 2021


O sábado 2 de Outubro teremos a III Xornada de Medrando con diabetes no HULA.

Pero ademáis preparamos unha convivencia no albergue LUG2 para esa fin de semana para aproveitar e compartir moitas experencias.

No albergue LUG2 que queda no centro de LUGO contamos con habitacións de 2,3 e 4 prazas.
Os prezos son:
Prezo en pensión completa por persoa: 25€
Prezo en media pensión por persoa: 23€

As actividades van a cargo de Anedia e o Concello de Lugo, as familias só teñen que aboar os gastos de comidas e hospedaxe.

Pódese escoller entre pasar a noite do venres, a do sábado, as dúas ou simplemente acudir ás actividades do sábado.

As actividades do sábado terán un prezo de 7 euros, e inclúen comida e merenda. Os que se queden en media pensión ou pensión completa xa non teñen que pagar isto, xa o teñen incluído.

As nenas e nenos entre 12 e 17 anos poden  estar cos adultos da familia ou ben compartir habitacións con outros da súa franxa de idade e pasar todo o fin de semana de xeito independente. Terán algunha charla o venres adecuada a súa idade.

Os maiores de 18 con tipo 1 terán tamén un programa de charlas o vernes pola noite, sábado III Xornada de Medrando no HULA e pola tarde poderán acudir ao rocódromo.

Para pais e nais está previsto unha reunión/charla o venres pola noite e logo o sábado III Xornada de Medrando no Hula e pola tarde os que queiran poderán acudir ao rocódromo.

O domingo pola mañán está previsto un roteiro por Lugo para todos os que se queden.

Os rapaces poden traer algún amigo ou familiar.
Agardamos que vos guste e que vos unades a esta nova aventura!



Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome e apelidos da persoa adulta responsable do grupo *
Teléfono de contacto *
Correo electrónico *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy