CUESTIONARIO SOBRE O USO DA MÁSCARA POR PARTE DOS/DAS DEPORTISTAS DURANTE A PRÁCTICA DEPORTIVA FEDERADA
Este cuestionario voluntario é complétamente anónimo, forma parte dun estudio de investigación dirixido pola SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE e polo Grupo de Investigación “APRENDIZAXE E CONTROL DO MOVEMENTO HUMANO EN ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE" da Universidade da Coruña, en colaboración coas FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS.

No caso de que che chegue este cuestionario en calidade de pai/nai/titor-a, dun deportista menor de idade, pregámosche que llo facilites e o animes a respostalo. Debe respostalo el/ela mesmo/a dado que se plantexan preguntas sobre percepcións persoais relacionadas co uso da máscara adestrando/competindo.

O obxectivo do estudo de investigación é avaliar a experiencia do USO DA MÁSCARA no adestramento e, no seu caso, na competición, por parte dos/as DEPORTISTAS no ámbito da PRÁCTICA DEPORTIVA FEDERADA.

As respostas só se procesarán para o obxectivo desta investigación. Tardarás menos de 5 minutos en realizar a enquisa.

Se tés calquera pregunta relativa ao estudo ou ao modo en que se recopilan os datos, ponte en contacto con: cuestionarios.deporte.galego@gmail.com

Moitas grazas pola túa colaboración.

Un saúdo
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Ao contestar este cuestionario, outorgo o meu consentemento á SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE e ao Grupo de Investigación APRENDIZAXE E CONTROL DO MOVEMENTO HUMANO EN ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE da Universidade da Coruña, para o uso das respostas sobre este cuestionario, con fins da mellora do traballo desenvolvido durante a pandemia da COVID19 entre a Secretaría Xeral para o Deporte e as federacións deportivas galegas, para a análise e investigación, por interese da saúde dos deportistas e dos cidadáns en xeral, sexan as finalidades relacionadas coas áreas xerais vinculadas a unha especialidade médica ou investigadora de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, en cumprimento da Disposición adicional decimosétima da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais.
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy