O Concello de Ribadeo, xunto cos negocios locais da vila, lanza o programa Víveo Máis coa misión de impulsar un modelo turístico máis sostible. Os establecementos adheridos comprométense a apoiar un turismo máis sostible e máis responsable a través da implementación de medidas concretas nas experiencias que ofrecen e nos seus procesos internos. 

Estas medidas estrutúranse en torno a 4 retos clave que representan os desafíos do turismo en torno ao seu impacto ambiental e social

  • Desenvolvemento do territorio
  • Recursos naturais e biodiversidade
  • Cambio climático
  • Economía circular
Á vez os retos contan con 14 liñas de acción para os restaurantes e 13 para os aloxamentos , derivando en 35 iniciativas concretas. Cada establecemento debe cumprir cun mínimo de iniciativas (o 33% do total, 12 iniciativas das 35), e de maneira imperativa coas 5 marcadas como requisitos obrigatorios para cada categoría de establecemento para formar parte do programa. Outros requisitos mínimos que deben cumprirse:

  • Ser unha actividade económica ligada hostalaría ou restauración
  • Ter domicilio fiscal ou sede do negocio no Concello de Ribadeo
  • Cumprimentar o cuestionario de autoavaliación (este formulario) e asinar a declaración responsable
A continuación pode seleccionar as accións desenvolvidas polo seu establecemento. Teña en conta que se non realiza as iniciativas marcadas como obrigatorias, o cuestionario non permite avanzar, o que significa ademais que non cumpre os requisitos mínimos de adhesión.

Grazas pola súa participación. 

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy