Formulario de adhesión á campaña "A LARACHA UNIDA FRONTE ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS"
A LARACHA UNIDA FRONTE ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS é a campaña impulsada pola Concellería de Igualdade do Concello da Laracha co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

No marco da elaboración do IV Plan de Igualdade, o Concello da Laracha realizou unha enquisa á poboación na que se amosa que 1 de cada 3 persoas tiñan coñecemento dalgún caso de violencia machista na súa contorna. Sen embargo, moitas destas persoas non tiñan claro ou descoñecían os recursos aos que poder acudir para informarse ou pedir axuda. Ademais, segundo datos da Delegación do Goberno contra a Violencia contra a Muller, o 50'7% das mulleres que sufriron violencia de xénero contaron o sucedido a alguén da súa contorna.

A violencia machista é unha problemática social e está considerada como un delito público, ante a cal toda a cidadanía temos o deber de actuar. Por iso, a través desta campaña procuraremos outorgar unha serie de pautas básicas de actuación ante algunhas situacións que poidamos vivenciar, xunto con información acerca de recursos que actúan fronte ás diferentes violencias machistas.

Ademais, a mesma enquisa evidenciou a pervivencia de moitos mitos en torno ás violencias machistas, é dicir, crenzas moi estendidas socialmente sobre a mesma, que contrastadas dende a estatística e a investigación, non son certas e carecen de fundamento. Con esta campaña imos tratar de desartellar algúns dos mitos máis estendidos e que seguramente temos escoitado máis dunha vez.

A entidade, establecemento ou persoa adherida á campaña declara a súa vontade de UNIRSE FRONTE ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS, das seguintes formas:

REXEITANDO de maneira expresa e clara calquera acto de violencia contra as mulleres no marco do fomento dunha cultura da igualdade e do respecto á diversidade.

COLABORANDO activamente na difusión da Campaña “A LARACHA UNIDA FRONTE ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS”, e das diferentes actividades programadas en torno a conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

PARTICIPANDO nas diferentes actividades desta campaña, aumentando o alcance da mesma entre familias, entidades e público en xeral.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Queres realizar a túa adhesión á Campaña "A LARACHA UNIDA FRONTE ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS" como...? *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy