Experiencias efémeras no Lugar das Marías. Maio 2022.
Tras abrir as nosas portas en xullo de 2020, por fin podemos poñer en práctica a nosa idea inicial de dotar de contido o Lugar das Marías máis aló dos servizos clásicos de aloxamento, almorzos e merendas. O programa 'Experiencias efémeras' nace coa intención de poñer en valor a vida na aldea a través de actividades creativas e saudables que permitan visibilizar a mulleres que traballan nestes ámbitos, crear redes de apoio e fomentar o benestar das persoas participantes. O programa terá lugar no mes de maio e consistirá no desenvolvemento de catro obradoiros acompañados dos sabores da aldea en forma de brunch ou merenda.

EXPRESIÓN CORPORAL E PERFORMANCE & BRUNCH
7 de maio de 11:00 a 14:00 h. A primeira das propostas é un obradoiro de expresión corporal e iniciación á performance de 2 horas de duración impartido por Ana Corujo e Lara Buyo do Colectivo LAG. Despois do taller servirase un brunch para as asistentes. Prezo: taller 15€,  brunch 10€.

CERÁMICA & MERENDA
10 de maio de 16:30 a 20:00 h. A segunda proposta consiste nun taller de cerámica que impartirá a artista e artesá Iria Pigueiras. O taller ten unha duración de 3 horas e inclúe todos os materiais necesarios así como o posterior esmaltado e cocido das pezas. Haberá un descanso no se que servirá unha merenda. Prezo: taller 40€,  merenda10€.

IOGA & BRUNCH
14 de maio de 11:00 a 13:00 h. Na terceira das propostas repetimos actividade, o Ioga & Brunch será conducido por Nuria Torrado e consistirá nunha sesión de ioga dunha hora de duración que se desenvolverá no exterior, a continuación servirase o brunch na terraza. Prezo: sesión ioga 15€,  brunch 10€.

BORDADO & MERENDA
27 de maio de 17:00 a 19:30 h. O programa finaliza cun taller de bordado & merenda impartido por Yasmina González, no que tamén se facilitarán todos os materiais (bastidor, fíos, teas...). A actividade inclúe unha merenda. Prezo: taller 35€,  merenda10€.

____________________

En todas as actividades se require dun número mínimo de participantes e dun número máximo. O prezo do taller está adaptado á actividade e a quen a imparte. O prezo do brunch ou merenda será de 10€. En todos os casos se intentará o desenvolvemento da actividade no exterior.

___________________

Protección de datos. En cumprimento da Lei 34/2002 do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, e a Lei 32/2003, do 3 de novembro, xeral de telecomunicacións infórmase aos usuarios que o envío dos formularios ou correos electrónicos implicará o consentimento expreso para recibir comunicacións comerciais de LUCÍA CANOURA SÁNCHEZ mediante correo electrónico ou calquera outro medio electrónico de comunicación. No obstante, se non desexa seguir recibindo comunicacións comerciais pode comunicalo en Lg. Veiga, no 15-A Rigueira (27870-Xove) ou lugardasmarias@gmail.com.

De conformidade coa lexislación vixente infórmaselle que o responsable do tratamento é LUCÍA CANOURA SÁNCHEZ. A finalidade dos datos recollidos é o correcto mantemento da relación comercial mantida e atención a consultas de diversa índole por parte do cliente/usuario. A lexitimación para o tratamento dos datos persoais é o contrato de prestación de servizo subscrito ou consentimento legalmente outorgado. Infórmaselle que non se contemplan cesións á parte das legalmente esixidas. Vostede ten dereito a acceder, rectificar, opoñerse, suprimir, portar e limitar os seus datos escribindo a lugardasmarias@gmail.com.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome *
Teléfono de contacto *
Email de contacto
Como te enteraches do programa? *
Required
En que obradoiro desexas participar? *
Required
Tes algunha alerxia alimentaria? *
En caso afirmativo, a que alimentos?
Necesitamos que confirmes a autorización de uso dos teus datos segundo o explicado na cláusula de protección de datos. *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy