Que lles acontece ás nosas crianzas? Estudo do impacto da pandemia na saúde da rapazada.
A Asociación Caseteiras estamos a realizar un estudo sobre o impacto que os dous anos de restricións, confinamento, máscara obrigatoria, distanciamento social e demais medidas político-sanitarias como resposta á pandemia de Coronavirus está a producir na nosa rapazada.

As nosas propias experiencias, as preocupantes novas que reproducen os xornais e os comentarios que escoitamos doutras familias fannos levar adiante esta primeira diagnose do impacto percibido nas crianzas e adolescentes polas familias, para a que pedimos a túa colaboración en calidade de nai/pai ou outra representación legal.

Tamén estamos a facer entrevistas a profesionais da educación, saúde, política, etc. Se pertences a estes colectivos podes poñerte en contacto con nós no correo ascaseteiras@gmail.com Máis adiante agardamos incluír as respostas das propias crianzas e a mocidade.

A respostas son confidenciais e están protexidas pola Lei de Protección de datos. NON introduzas nomes, apelidos, número de DNI ou datos semellantes. A responsable do estudo é S. Losada, politóloga especialista en Políticas do Coidado e socia das Caseteiras, coa colaboración da psicóloga N. Guedella.

Moitas grazas por participar. Agradecemos a difusión para que este cuestionario chegue ao maior número de familias.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Autorizo ás Caseteiras a recoller e tratar os datos de carácter persoal que aquí fago constar coa única finalidade de levar adiante o estudo "Impacto da pandemia na saúde das nosas crianzas e mocidade", finalidade baseada no interese público da consulta, enquisa e estudo. Estes datos de carácter persoal suprimiranse unha vez concluído o dito estudo. Podo solicitar o acceso, a rectificación, supresión ou limitación do tratamento dos meus datos persoais ou mesmo opoñerme ao seu tratamento, segundo os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro de Protección de Datos Persoal e garantía dos dereitos dixitais, a través dun escrito ás Caseteiras: ascaseteiras@gmail.com *
Required
1. Cal é a túa provincia de residencia? *
2. Indícanos cal é a túa filiación *
3. Cantas crianzas tes? *
4. Notaches cambios nas túas crianzas que podes relacionar co contexto de pandemia? *
Se notaches cambios nas túas crianzas, nas seguintes páxinas ímosche preguntar cales foron segundo o treito de idade. Se non tes crianzas nese treito, pasa á seguinte páxina. A enquisa non che vai levar máis de 5 ou 10 minutos. Grazas!
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy