Organización Recollida de comedor CEIP A Maía
Co fin de organizar as saídas de forma gradual, solicitamos que nos indique o horario de preferencia para recoller o seu fillo ou filla. Fíxese na quenda do seu curso e nas opcións de saída e seleccione no apartado indicado. Solo estará activo para marcar a opción inicial, quedando deshabilitado o luns 9 de setembro ás 23.59 horas. Para modificar a opción, deben contactar cas coordinadoras.
• Os pais/nais/titores terán que escoller o horario de recollida dos seus fillos conforme os horarios que se reflicten para este servizo neste documento.
• Dáse a posibilidade de que dentro dos horarios de recollida existentes para un curso concreto se poidan facer cambios, pero só dentro deses horarios. Non se poderán solicitar horarios que non pertenezcan a un determinado curso salvo que se trate de necesidades médicas/terapéuticas debidamente acreditadas.
Poderanse, incluso, escoller dentro dos horarios existentes un distinto segundo o día da semana de que se trate.
• Os cambios nos horarios de recollida terán como únicos requisitos que sexan dentro dos horarios existentes para cada curso, se fagan ca antelación suficiente e non afecten a organización do servizo, motivo polo que deberán ser comunicados por Whatsapp á coordinadora do servizo.
Moitas grazas pola colaboración.