Reserva o teu asento!
CONCERTO BIG BAND DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE OLEIROS. 12/06/2021 20:00H. PARQUE JOSÉ MARTÍ. PERILLO- OLEIROS
No caso de inclemencias metereolóxicas o concerto realizarase na pista cuberta da Praza da II República.

IMPORTANTE:
1.- PARA QUE CONCERTO É A RESERVA DE ASENTO? A reserva de asento será para o concerto enriba indicado.
2.- QUEN PODE RESERVAR? Pódese reservar enviando UN FORMULARIO POR ADULTO OU POR UNIDADE DE CONVIVENCIA, indicando os datos que se requiren a continuación.
3.- DISTANCIA DE SEGURIDADE. As cadeiras estarán situadas a 1.5 m de separación entre elas, e a tres metros dos músicos.
4.- ORDE DE ADXUDICACIÓN DE RESERVA DE ASENTO. A adxudicación de asento será por orde de recepción deste formulario.
5.- PRAZO DO ENVÍO DO FORMULARIO DE RESERVA. O prazo será ata o día 11/06/2021 ás 13:00h, ou mentres haxa dispoñibilidade de asentos para reservar.
6.- ASENTOS RESERVADOS. O número máximo de asentos será de 100 prazas.
7.- A EMMO so se responsabilizará do cumprimento das normas indicadas dentro do espazo acotado para o público.
8.- LOPD. A captación de datos persoais farase con fins exclusivamente sanitarios e consonte as esixencias requiridas pola LOPD.

REQUISITOS PARA A ENTRADA NO ESPAZO ACOTADO PARA O PÚBLICO:
a) HORA DE CHEGADA: O/a solicitante con asento deberá chegar, ao lugar do concerto, á hoa indicada no CÓDIGO QR.
b) TEMPERATURA: Antes da entrada no espazo aforado para o concerto, tomarase a temperatura, non podendo acceder ao seu asento, no caso de que a temperatura sexa superior a 37 graos.
c) CÓDIGO QR OU IDENTIFICACIÓN: Deberase amosar o código QR que recibirá no seu correo electrónico o día antes do concerto ou no seu defecto amosar o seu DNI.
d) A MÁSCARA SERÁ DE USO OBRIGATORIO E MANTERASE SEMPRE A DISTANCIA DE SEGURIDADE

Rogamos a máxima responsabilidade no cumprimento das indicacións enriba indicadas.
Moitas grazas e saúde!


Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy