SERVIZO MAÑANCEIROS 2020-2021
1. Horario: 07:45 – 08:45h. Non se permitirá a entrada a ningún neno/a despois das 08:45h. posto que a esa hora dispoñémonos a recoller para dirixirnos cos nenos/as ás súas respectivas aulas.
2. O pai/nai ou titor-a debe entregar ao seu/súa fillo/a na entrada do edificio de educación infantil (lugar habilitado para este servizo) ao monitorado do servizo de madrugadores, o cal, realizará a toma de temperatura. No caso de ter febre/síntomas COVID-19 o alumnado non poderá acceder o servizo de mañanceiros.
Traslados dos nenos/as
3. O alumnado de 3º ata 6º de E. Primaria irá acompañado polo monitorado ata o edificio de Educación Primaria ás 08:55h, deixando os nenos/as de 3º e 4º na porta exterior de cada aula e levando os nenos/as de 5º e 6º ó patio cuberto onde  esperará ata que todo o alumnado que ten baixo a súa responsabilidade entre no edificio.
4. O alumnado de E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria irá acompañado polo monitorado ata as súas aulas ás 08:55h.
5. Durante este servizo o alumnado ten a posibilidade de ver unha película. Tamén poderán ler, pintar ou estudar sempre que sexa co SEU PROPIO MATERIAL traído das súas casas.
6. Se durante o tempo deste servizo, un neno ou unha nena quere ir ao baño, irá acompañada polo monitorado.
7. O servizo de mañanceiros non é un servizo de almorzo, polo tanto está PROHIBIDO comer ou beber nada durante o tempo que abrangue dito servizo.
8. Todas as persoas poderán facer uso deste servizo aínda que sexa de forma esporádica.
9. Prezo:
20 €/mes. (O pago farase por domiciliación bancaria, na 1ª semana de cada mes) 50% desconto segundo irmán.
Prezo por día esporádico : 2€/día. (Bono mañanceiro)
Cada recibo devolto irá co sobrecargo correspondente.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Confirmación correo electrónico (Importante para poder recibir os avisos da ANPA) *
Apelidos Alumna/o *
Nome Alumna/o *
Nome do Pai/Nai/Titor/a *
Idade da alumna/o *
Curso *
Teléfono 1 *
Teléfono 2 *
Teléfono 3
Alerxias *
Observacións
Días de utilización do servizo de mañanceiros
Data inicio servizo de mañanceiros (Comezo do curso escolar 2020-2021 2º semana setembro inda por confirmar) *
MM
/
DD
/
YYYY
TEN IRMÁNS QUE UTILIZAN O SERVIZO DE MADRUGADORES NO CURSO 2020/2021? *
ORDE DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
As/os representantes legais das nenas e nenos admitidas/os terán que pasarse pola ANPA para asinar a orde de domiciliación bancaria de luns a venres de  14:00 a 18:00h.
IMPORTANTE: sen este trámite causarían baixa e polo tanto non serían usuarios de madrugadores no curso 2020 - 2021.
(Se xa utilizades outros servizos como é o comedor ou as actividades e xa fixéchedes este trámite non teríades que volver a asinar a orde de domiciliación bancaria).
PROTECCIÓN DE DATOS
Para cumprir coa nova Lei de Protección de datos e que os teus datos estean a salvo, debes ler e aceptar a Política de privacidade reflectida na seguinte ligazón  http://www.apavalleinclan.es/politica-de-privacidade/ *
En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/199 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e os seus regulamentos de desenvolvemento, a ANPA VALLE INCLÁN, informalle que aos datos de carácter persoal proporcionados, quedarán incorporados os nosos ficheiros para o seu tratamento automatizado, coa finalidade de prestar os nosos servizos. Os datos recollidos son almacenados baixo a confidencialidade e as medidas de seguridade legalmente establecidas. Poderá exercer os dereitos de acceso, cancelación, oposición e rectificación, a través do enderezo de correo electrónico valleinclananpa@gmail.com, persoalmente nas nosas oficinas ou mediante comunicación escrita acompañada da copia do seu documento nacional de identidade dirixida a ANPA VALLE INCLAN, Avda Valle Inclán, 26. 15172 Perillo – Oleiros ( A Coruña). Dou a miña confirmade e asino á data de hoxe. *
MM
/
DD
/
YYYY
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy