Proceso consultivo do PSTD Baterías da Costa Ártabra

A Deputación da Coruña está a elaborar o proxecto dun Plan de Sostibilidade Turística en Destinos (PSTD) para as Baterías Militares de Ferrolterra na convocatoria extraordinaria, actualmente aberta, no que se proporán unha serie de accións no territorio que contribúan á rehabilitación das instalacións militares, recuperando así a súa memoria e patrimonio cultural e ao desenvolvemento sostible do turismo no destino.

Co obxectivo de avanzar cara a un modelo de desenvolvemento turístico baseado na sostibilidade integral dos territorios (social, económica e ambiental), este PSTD debe elaborarse coa participación das administracións locais e do sector privado asociado ao desenvolvemento turístico da comarca de Ferrolterra, polo que resulta imprescindible xerar un ambiente de colaboración entre as administracións turísticas e os actores locais do destino turístico.

Vostede, xa sexa como parte do ecosistema turístico ou como profesional vinculado á memoria histórica dos territorios de Ferrolterra, pertence ao grupo de actores locais de referencia no territorio, polo que as súas consideracións son moi importantes para a elaboración do PSTD.

Agradecémoslle, por tanto, o seu tempo para responder ás seguintes cuestións.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy