CONCENTRACIÓN EN REGANOSA
Non máis diñeiro para empresas contaminantes

A coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos xunto co Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol convoca unha concentración diante de Reganosa (Mugardos) para denunciar a falta de transparencia, a ausencia de participación pública e esixir un reparto xusto e sustentábel dos fondos europeos Next Generation que chegarán a Galicia.

A Xunta ven de crear unha sociedade con empresas como Abanca, Sogama e Reganosa destinada á planificación estratéxica de iniciativas. A presenza da sociedade civil na xestión destes millóns de cartos públicos é absolutamente nula, e as conexión Xunta-empresas privadas insultante. O goberno mesmo se nega a dar información sobre os comités de expertos e sobre os proxectos presentados, así como sobre os mecanismos de selección e adxudicación dos mesmos.

Asemade, unha destas empresas, Reganosa, segue a funcionar sen autorización, xa tivo cinco sentenzas en contra dos tribunais, contribúe ao colapso biolóxico da ría de Ferrol e dedícase ao negocio dos combustíbeis fósiles. Unha recuperación sustentábel non concorda con seguir a consolidar a industria fósil no noso país. Necesitamos servizos públicos fortes, coidados, tecidos produtivos viábeis, un mundo rural vivo e un futuro sustentábel en mans das persoas, non das grandes corporacións.

Emporiso ímonos mobilizar o vindeiro 24 de abril, ás 12:00h dende a avenida da Pedreira en Mugardos até a planta de gas. Se queres participar apúntate neste formulario por favor. É importante que saibamos cantas persoas estaremos alá. Se temos quórum bastante é posíbel que contratemos un bus, pero se non trataremos de compartir vehículos.

Queremos unha recuperación xusta e sustentábel, non unha recuperación fósil con adxudicacións de cartos públicos a dedo.

Galicia é nosa, e non de Reganosa.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Sin título
NOME *
TELÉFONO *
DENDE QUE LOCALIDADE VAS? *
TES PRAZAS LIBRES NO COCHE? CANTAS?
Clear selection
NECESITAS TRANSPORTE?
Clear selection
SE VES DE VIGO, PONTEVEDRA OU COMPOSTELA QUERES VIR NO AUTOBÚS?
Clear selection
COMENTARIOS
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy