SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DA AULA ABERTA DE FORMACIÓN CIDADÁ
Este formulario de Google está xestionado por S. Coop. Galega de Traballo Asociado Tagen Ata (en adiante Tagen Ata). Os datos nel proporcionados serán transferidos ao Concello de Ferrol para o seu tratamento.

Os datos solicitados son os mesmos que se solicitan no documento accesible no enderezo web: https://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/participacion/aula-aberta/SOLICITUDE_INSCRICI%C3%93N_ACTIVIDADES_AULA_ABERTA.pdf proporcionado polo Concello de Ferrol.

Este formulario empregarase para facilitar a inscrición online das persoas interesadas nestas actividades e o seu uso lexítimo por parte de Tagen Ata.

Os datos recollidos eliminaranse deste formulario e documentos asociados en todo caso antes do fin de decembro do 2023. Achégase ademais a cláusula de protección de datos do Concello de Ferrol para informar sobre o seu tratamento.


Sign in to Google to save your progress. Learn more
PROTECCIÓN DE DATOS
De conformidade co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do
Consello do 27 de abril de 2016 e en cumprimento do previsto no artigo 11 da Lei Orgánica 3/2018,
do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (BOE 6
Decembro 2018), infórmaselle que os datos persoais obtidos mediante o enchemento deste
formulario e demais documentos que, no seu caso, achéguense co mesmo, serán incluídos, para o
seu tratamento, nun ficheiro do que é responsable o Concello de Ferrol.

A finalidade do citado ficheiro é a tramitación dos expedientes administrativos desta Administración
Pública, sen que os mesmos sexan cedidos a terceiros alleos ao Concello salvo nos supostos
previstos na normativa vixente sobre protección de datos de carácter persoal (artigo 11.2, letra b, da
mencionada Lei Orgánica).

O tratamento dos referidos datos queda lexitimado por obrigación legal e o consentimento das
persoas interesadas. A presentación desta declaración supón unha clara acción afirmativa en
relación ao tratamento dos seus datos persoais incorporados á mesma.

Poderá vostede exercer os dereitos establecidos nos artigos 15 a 22 do referido Regulamento (UE)
2016/679 (Acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición), dirixíndose ao responsable do
tratamento, Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
previstos na Lei mediante un escrito dirixido ó Concello de Ferrol, Praza de Armas, s/n 15402 Ferrol.
Acepto o tratamento de datos indicado anteriormente *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This form was created inside of Tagen Ata. Report Abuse