OBRADOIRO DE CURADURÍA FÍLMICA CON VALENTINA OTORMIN DALL'OGLIO
XOVES 23 | 11 h | ZONA C

Profesionais da programación de festivais de cinema e salas de cine-arte enfróntanse decote coa pregunta “que programar?”, pero, sobre todo, coa cuestión máis importante: “por que programar?” O cinema non acontece no baleiro e é unha ferramenta de comunicación privilexiada para abordar temas culturais, políticos e sociais que nos importan como sociedade.

Neste obradoiro a cargo de Valentina Otormin Dall'Oglio abordaranse os problemas e desafíos á hora de ensamblar unha programación relevante sen deixar de lado outros aspectos fundamentais da arte cinematográfica.

Hai vinte prazas dispoñibles para esta actividade que se desenvolverá o xoves 23 de novembro, ás 11 horas na Zona C. O prazo para se inscribir remata o mércores 22 ás 15.00 horas. 

Faite coa túa praza!
Email *
Valentina Otormin Dall'Oglio
Nome *
Apelidos *
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Teléfono *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy