Cadea Ciclista 3X - día Mundial da Bicicleta
O vindeiro 3 de xuño, co gallo do Día Mundial da Bicicleta, a asociación A Golpe de Pedal, xunto coas entidades ecoloxistas Verdegaia, ADEGA, Greenpeace e Ecoloxistas en Acción, e co apoio da Coordinadora Estatal ConBici, anímante a participar en Vigo da cadea ciclista: a Bicicleta, aliada contra a Covid-19, aliada co Medio Ambiente.

Esta cadea ciclista consistirá en accións de grupos de 10-15 persoas que realizarán diversos itinerarios pola cidade para visibilizar a bici como a mellor alternativa de mobilidade, ao ser un medio de transporte seguro, eficiente e sostible co planeta. Durante estes itinerarios realizaranse paradas ocupando treitos de calzada durante 15 minutos, como reivindicación para facilitar máis espazo á mobilidade activa.

Con estas cadeas queremos amosar que a bicicleta é parte da solución da actual emerxencia sanitaria e climática, visibilizando a necesidade de promover o seu uso, así como a necesidade de habilitar infraestruturas específicas para unha mobilidade sostible.

Para esta acción é moi importante respectar as distancias de seguridade (2-3m) para mostrar a bicicleta como aliada e alternativa ante a emerxencia sanitaria que estamos a vivir.

ANÍMATE A PARTICIPAR CUBRINDO O SEGUINTE FORMULARIO e selecciona en cal dos itinerarios propostos queres participar.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome *
Teléfono
Accións propostas en Vigo
[COMPLETO] Itinerario 1: Paseo Alfonso XII  - Pi i Margal - Lopez Mora- Praza América, Avda Castelao, Rúa Tomás Paredes, Camilo Veiga, Tomás Alonso, Rúa Coruña, Rúa Camelias, Paseo de Granada, Cachamuiña, Falperra, Paseo de Alfonso XII

Ocupación temporal do carril dereito en Paseo de Alfonso, López Mora (altura comisaría Policia) e Tomás Alonso (na proximidade do cruzamento coa Avda Coruña)

----------------------

[COMPLETO] Itinerario 2: Praza América - Fragoso, Rúa dos Olímpicos, Avda Citroen, Avda Florida, Rúa Caramuxo, Rúa Teixugueiras, Rúa Ufas, Pedra Seixa, Rúa Limpiño, Vía Servizo VG-20, Rúa Cañiza, Rúa Padre Seixas, Avda Florida, Praza América.

Ocupación temporal do carril dereito en Rúa Fragoso, Rúa Teixugueiras, Avda Florida.

----------------------

[COMPLETO] Itinerario 3: Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón, Sanjurjo Badía, Bos Aires, Travesía de Vigo, Vía Norte, Rúa Urzaiz, Rúa Colón, Rúa Uruguai, Rúa República Argentina, Policarpo Sanz, Porta do Sol

Ocupación temporal do carril dereito en García Barbón, Travesía, Vía Norte.
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy