Aves Urbanas 2020 - formulario de envío de datos para o proxecto
Advertencia legal:
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, o Grupo Naturalista Hábitat informa das seguintes consideracións:
O responsable do tratamento é o Grupo Naturalista Hábitat, con  CIF: G15039126 e domicilio en rúa Camariñas 8, baixo, 15002 (A Coruña).
Os datos de carácter persoal achegados neste formulario serán incluídos nun ficheiro titularidade do Grupo Naturalista Hábitat, cuxa finalidade é xestionar as actividades levadas a cabo pola nosa organización. A base xurídica do devandito tratamento é o consentimento da persoa interesada. Os datos solicitados son imprescindibles para o correcto desenvolvemento da actividade, e serán eliminados así que finalice a mesma de solicitalo o usuario. Para a recompilación e tratamento dos datos achegados úsase a plataforma Google Apps for nom profits, que pode envialos temporalmente a servidores fóra do espazo da Unión Europea. Os datos recollidos son almacenados baixo a confidencialidade e as medidas de seguridade legalmente establecidas, e soamente serán cedidos e compartidos con entidades alleas ao Grupo Naturalista Hábitat cando sexa necesario para o desenvolvemento das actividades, con arranxo ao reflectido na citada normativa. Co envío do presente formulario, autoriza a cesión e o uso dos seus datos segundo os medios e para os fins indicados.
Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación do tratamento e portabilidade entregando escrito de comunicación no Grupo Naturalista Hábitat. Dita comunicación deberá incluír nome e apelidos, petición concreta da solicitude, dirección a efectos de notificacións, data, firma e fotocopia do DNI ou pasaporte. Igualmente, nos casos previstos pola normativa vixente, poderá  presentar a correspondente reclamación perante a Agencia Española de Protección de Datos (https://www.aepd.es/).
Para máis información sobre a política de protección de datos do Grupo pode consultar o seguinte enlace https://goo.gl/9su64G. En caso de calquera dúbida sobre a mesma, pode poñerse en contacto connosco na nosa dirección, a través do teléfono 981135014 ou no e-mail habitat@gnhabitat.org.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This form was created inside of Grupo Naturalista Hábitat. Report Abuse