OBRADORIO EDUCAR É COEDUCAR
O próximo 14 novembro en horario de 10-14h, está previsto realizar este obradoiro sobre educación emocional e igualdade de xénero, dirixido as familias.

Procuraremos analizar a construción das identidades de xénero na infancia, así como coñecer as competencias emocionais, nun obradoiro presencial e con aforo moi limitado.

Contaremos con Almas Meraki, especialistas en consultoria de xénero e educación emocional.

Polo de agora, non temos a confirmación de onde realizarase o obradoiro, se a inspección educativa o autoriza realizarase no centro e de non ser posible procuraremos unha alternativa no barrio.

Se queres gozar deste obradoiro reserva a túa praza e mandarémoste un correo de confirmación da praza e a información de onde realizarase así como o protocolo para garantizar un espazo seguro polo covid.

Esta actividade está programada no marco do proxecto "O Sanjurjo con Lentes Violetas" e é financiada a través da subvención concedida pola Secretaria Xeral de Igualdade para proxectos executados polas ANPAS para a promoción da igualdade de xénero.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
NOME E APELIDOS 1
NOME E APELIDOS 2
TELÉFONO DE CONTACTO
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy