Mediante este formulario poderás inscribirte no obradoiro "Emocións no Embarazo" que terá lugar o martes 14 de marzo ás 17:15, organizada por Teta e Coliño. Terá lugar na Asociación Veciñal Novo Vigo (
https://goo.gl/maps/R9ZmRFENQbs)
É unha actividade organizada por Teta e Coliño e con acceso por orde de inscrición, preferente para as familias socias ata o día 09/03. O acceso aos nosos servizos é habitualmente sen custo para as familias. As nosas voluntarias ofrecen o seu tempo para que estes servizos poidan ter lugar.
Dende Teta e Coliño facemos un chamamento ao respeto e compromiso coa organización dos obradoiros. Por iso, pregamos que en caso de ter confirmada a praza e non poder asistir, se avise coa maior premura posible.