XINCANAS AROUSA INSPIRA 2022
🏃‍♀ XINCANAS INFANTÍS - AROUSA INSPIRA 2022

Se hai algo que non pode faltar nun Arousa Inspira, iso son as xincanas infantís. E este ano por partida dobre! Un total de 80 rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos coñecerán o patrimonio natural, histórico e cultural da no ría a través das diferentes probas e xogos que conforman a actividade.

Como reza o lema da edición deste ano, “Non hai fronteiras”. Eliminamos tamén as fronteiras entre concellos e organizamos unha primeira xincana o xoves 25 en Concello Vilagarcía de Arousa e unha segunda o venres 26 en Concello De Vilanova de Arousa. En cada unha delas contaremos con 20 rapaces e rapazas de Vilagarcía e outras 20 de Vilanova, dobrando así as prazas de anos anteriores (que quedaban curtas).

O horario das xincanas será de 10.00 a 18.00 e todos os gastos están cubertos pola subvención da Iniciativa Xove de Xuventude Galicia: comida, seguro, materiais, transporte contratado para os desprazamentos e... premios para o mellor equipo!
Ademais, o fin de festa do venres 26 a partir das 18.00 no Xardín Umbrío de Vilanova de Arousa incluirá actuacións para toda a familia e moitas sorpresas.

Non o penses dúas veces que as prazas voan. Unha xornada para que os máis cativos fagan novos amigos, coñezan novos lugares e a súa historia e vivan unha experiencia única e irrepetible que non esquecerán.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome *
Apelidos *
Idade *
Concello de residencia *
Xincana na que desexa participar (transporte entre concellos contratado pola asoaciación) *
Talla de camiseta *
Preferencia de bocadillo *
Necesidades alimenticias especiais
Outra información de relevancia
Responsable legal (Nome e apelidos) *
DNI da persoa responsable *
Teléfono de contacto *
Correo electrónico *
Autorizacións
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy