Mediante este formulario poderás inscribirte no obradoiro presencial "O Destete: acompañar o voso cambio" que terá lugar o sábado 22 de outubro de 11.00 a 13:00h.
Terá lugar na Asociación Novo Vigo (Rúa Teixugueiras, nº 11, portal 6, oficina 9B. Navia, detrás de CC.OO. https://goo.gl/maps/dnWQcJADoGs )
É unha actividade organizada por Teta e Coliño e con acceso por orde de inscrición, preferente para as familias socias ata o día 17/10. O acceso aos nosos servizos é habitualmente sen custo para as familias. As nosas voluntarias ofrecen o seu tempo para que estes servizos poidan ter lugar.
Dende Teta e Coliño facemos un chamamento ao respeto e compromiso coa organización dos obradoiros. Por iso, pregamos que en caso de ter confirmada a praza e non poder asistir, se avise coa maior premura posible.