AO MINISTRO DE XUSTIZA DA REPÚBLICA DE TURQUÍA
Estimado Ministro,
A Abdullah Öcalan, Ömer Hayri Konar, Hamili Yıldırım and Veysi Aktaş, que están presos na cadea de alta seguridade tipo F de İmralı, impídeselles ilegalmente recibir visitas dos seus avogados. Mentres que a Abdullah Öcalan non se lle permite ver ao seu avogado dende o 7 de Agosto de 2019, a Veysi Aktaş, Hamili Yıldırım and Ömer Hayri Konar non se lles permitiu nin unha soa vez dende 2015, cando foron trasladados á illa de İmralı.
Na prisión de İmralı aplícase unha forma especial e discriminatoria de isolamento dende o 15 de febreiro de 1999. A prohibición das visitas de profesionais da avogacía estivo en vigor de xeito ininterrumpido durante oito anos, dende o 27 de xullo de 2011 até o 2 de maio de 2019. En 2019, producíronse 5 visitas de avogadas e, tras a última o 7 de agosto de 2019, retomouse a prohibición.
Cómpre sinalar que non se sabe nada de Öcalan dende o 25 de marzo de 2021, data na que mantivo unha última e breve chamada telefónica, situación especialmente preocupante. Como profesionais da avogacía que seguimos de cerca os asuntos en Turquía, somos moi conscientes do impacto político e social desta situación.
A. maiores, o CPT considerou no seu informe, publicado o 5 de agosto de 2020 tras a súa visita no ano 2019 á prisión de İmralı, que o réxime de absoluta incomunicación de Öcalan e dos outros tres reclusos co mundo exterior é inaceptábel e contradí os instrumentos e normas internacionais de dereitos humanos.
As continuas inxerencias no dereito de defensa e o estado de isolamento imposto a Öcalan e aos demais reclusos suscitaron declaracións de organizacións de dereito internacional como ELDH, AED y Lawyer for Lawyers e reaccións críticas dunha ampla rede de profesionais da avogacía en diferentes ocasións.
Gustaríanos lembrarlle que o 22 de xaneiro de 2024, 1330 avogados inscritos en trinta e cinco Colexios de Avogacía diferentes solicitaron á Fiscalía Xeral de Bursa ter visitas na ssúa condición profesional co Sr. Abdullah Öcalan, o Sr. Hamili Yıldırım, o Sr. Ömer Hayri Konar e o Sr. Veysi Aktaş, poñendo fin á prohibición ilegal das visitas de avogados na prisión de İmralı. Ademais, malia que Veysi Aktaş completou a súa condena de trinta anos o 28 de abril de 2024, por unha decisión da Xunta de Observación aprazouse un ano a súa posta en liberdade, sen que os seus avogados puideran participar neste proceso, quedando totalmente excluídos do mesmo.
A prohibición das visitas dos avogados á prisión de İmralı viola claramente as Regras mínimas das Nacións Unidas para o tratamento dos reclusos (Regras Nelson Mandela), actualizadas en 2015, as recomendacións do CPT e a Lei de Execución de Turquía (Lei n.º 5275). Os Estados teñen a obriga de garantir que as persoas detidas e presas podan exercer os seus dereitos independentemente da súa identidade e da natureza da súa condena.
Esta situación tamén supón unha violación dos dereitos dos avogados establecidos nos Principios Básicos das Nacións Unidas sobre a Función dos Avogados, en particular os Principios Básicos 8 e 16.
Así, o Principio Básico 8 é moi claro: «Toda persoa arrestada, detida ou presa disporá de oportunidades, tempo e medios axeitados para recibir a visita dun avogado e para comunicarse e consultar con el, sen demora, interceptación nin censura e con total confidencialidade. Tales consultas poderán realizarse á vista, pero non ao oído, dos funcionarios encargados de facer cumprir a lei». Do mesmo modo, o Principio Básico 16 tamén establece que os gobernos garantirán que os avogados podan desempeñar todas as súas funcións profesionais sen intimidación, obstáculos, acoso ou inxerencias indebidas e viaxar e consultar cos seus clientes libremente, tanto dentro do seu propio país coma no estranxeiro.
De conformidade co artigo 25 do Regulamento sobre visitas de persoas condenadas e detidas, os avogados estranxeiros -mesmo sen poder- teñen o dereito a ver a unha persoa condenada en Turquía, sempre que cumpran os convenios internacionais dos que a República de Turquía é parte e el principio de reciprocidade.
Os constantes esforzos dos nosos colegas en Turquía contra el isolamento e a violación do dereito de defensa son esencialmente unha loita pola aplicación efectiva dos dereitos protexidos nos convenios internacionais dos que Turquía é parte, especialmente no Convenio Europeo de Dereitos Humanos.
O 30 de abril de 2024, na resposta proporcionada pola Dirección Xeral de Prisións e Centros de Detención, afiliada ao seu ministerio, á solicitude dos deputados do partido DEM; declarouse que non existe ningún obstáculo para as visitas do Sr. Abdullah Öcalan e dos outros presos cos seus avogados. Agardamos que ao permitir aos nosos colegas en Turquía reunirse con Öcalan, vostede amose a exactitude desta información á comunidade xurídica internacional.
Porén, tamén presentamos a nosa solicitude conxunta para visitar a Abdullah Öcalan e aos outros presos encarcerados en İmralı, Veysi Aktaş, Hamili Yıldırım, e Ömer Hayri Konar, no ámbito do artigo 25 do Regulamento mencionado.