Dende a
Confederación ANPAS GALEGAS, coorganizando Federación de ANPAS de Centros Públicos A Gameliña e a través de
Rexenerando S. Coop. Galega levamos a cabo a charla Rachando estereotipos: cara a unhas masculinidades agarimosas.
Charla o mércores 23, as 19:00 no salón de actos da antiga Casa do Mar, ó aveiro das "Axudas económicas ás Anpas destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres" da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade .
Para esta actividade contamos con servizo de canguraxe para que poidades asistir sen pensar con quen deixar ás vosas crianzas.
Os datos de carácter persoal que se facilitan mediante o seguinte formulario, terán unha validez igual ao período de realización da actividade á que se inscribe e quedarán rexistrados nun ficheiro da Federación de centros públicos A Gameliña, coa finalidade de informar, convocar e contestar as consultas que se realicen a Federación. Por elo, poden solicitar os dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión (dereito ao esquecemento), Limitación do tratamento, Portabilidade e Dereito de Oposición.