CAMPAMENTO TECNOLÓXICO'22 VIGO
Desde AA40ESTUDO presentamos o noso campamento tecnolóxico para este nadal 2022.

Ofrecemos a última semana de decembro e a primeira de xaneiro para que os vosos fill@s se divirtan e aprendan, realizando obradoiros de programación, electrónica, robótica, así como outras actividades educativas.

Estas xornadas celebraranse na nosa sede en Vigo na rúa Doctor Darío Durán Gómez 16.

Adaptaremos os obradoiros ó nivel dos asistentes, podendo asistir sen coñecementos previos.

Nunha contorna reducida e segura, os vosos fill@s ademáis de pasalo moi ben, poderán descubrir e potenciar as súas habilidades nas diferentes actividades tecnolóxicas relacionadas coa robótica educativa, e que lle serán de gran axuda no seu futuro para a realización de calquer enxeñería técnica.

Poderán asistir nen@s a partir dos 6 anos ata os 18. Faremos agrupacións por niveis de coñecementos.


¡RESERVA A TÚA PRAZA!       ¡SON LIMITADAS!       ¡10 ALUMN*S MÁXIMO!


Sign in to Google to save your progress. Learn more
ONDE ESTAMOS
AA40ESTUDO

"AULA VIGO"
                                        Rúa Doctor Darío Durán Gómez 16 entreplanta

www.facebook.com/AA40ESTUDO/

DATAS E HORARIOS
As datas son as seguintes:

- Semana 1: Do 26 ao 30 de decembro
- Semana 2: Do 2 ao 6 de xaneiro.

O horario será de 9h a 14h, a primeira hora é un pouco de recepción onde os menores irán completando actividades pendentes e teremos flexibilidade para que poidades recoller ós vosos fill@s ata as 14.30

PREZOS
- 140 euros por semana menos descontos.

Descontos
- 20 euros por semana para alumnos.
- 20 euros por semana para segundo irmán.
- 10 euros por asistir as dúas semanas.
- Bono amigo: 10 euros para ti e 10 euros para o teu amigo de desconto en base o total.

-Para 3 membros da mesma unidade familiar que veñan as dúas semanas o terceiro membro poderá asistir de forma gratuita.

 É importante antes de facer o ingreso consultar a que descontos se tería dereito, na paxina web hai unha taboa orientativa de prezos, para outros casos consultar.

Para efectuar a reserva de praza
IMPORTANTE: Para formalizar a reserva de praza será necesario efectuar o ingreso do importe correspondente e enviar o xustificante por correo electrónico a: aa40estudo@gmail.com

Se non podedes enviarnos o xustificante por mail podedes achegarvos a nosa aula de Vigo (estamos sempre abertos de luns a venres en horario de 16h a 18h) ou chamarnos por teléfono para que o poidamos consultar.

Isto é importante porque faremos a reserva da praza en función da ORDE DE CHEGADA de dita confirmación.

Nº DE CONTA para o ingreso: (BBVA) ES47 0182 0787 4702 0161 0402

TITULAR: AA40ESTUDO, SC

IMPORTE: O que resulte das semanas que se vai asistir, irmáns e descontos posibles.

OBSERVACIÓNS: Nome da / do asistente.

Podes apuntarte fácilmente cubrindo o SEGUIENTE FORMULARIO ou chamando o: 622 -874-434
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy