CURSOS DE INFORMÁTICA Aula CeMIT Ares 2023
INFORMACIÓN DE INSCRICIÓNS

Para inscribirse (ou solicitar máis información), pódese acudir presencialmente á Casa da Xuventude, mais tamén contactar co 981 94 95 91, encher un formulario telemático que se atopará na páxina web municipal, www.concellodeares.gal, ou enviar un correo electrónico a aula.informatica@concellodeares.com.

Estes son os prazos que rexen o proceso de inscrición: do 1 o 28 de febreiro

A disponibilidade de praza e o comezo da actividade notificiarase individualmente por correo electrónico ás persoas interesadas.

ADULTOS: 21,71 €
MENORES: 14,50 €

Todas as cuestións relacionadas co funcionamento do curso (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente.

Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.

O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación ou transferencia bancaria (os recibos emitiranse entre o 5 e o 10 de cada mes) na conta que se indicará unha vez sexa confirmada a praza e actividade.

As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática do curso. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nun curso haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas ca xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xenerara.

Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola/actividade do curso anterior, deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.

As actividades culturais só interrumpirán o seu funcionamento as datas festivas locais ou nacionais.

O Concello resérvase o dereito de anular unha actividade/escola/curso por non ter o número suficiente de participantes (estímase en 10 o número de mínimo de inscritos/as para que dea comezo e/ou continúe unha escola /actividade) e de facer todas as modificación que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.

Para máis información e inscricións, podes consultar o apartado dedicado ós curso de informática en www.concellodeares.gal ou contactar a través do correo electrónico: aula.informatica@concellodeares.com.


DESCONTOS DE COTAS

- 3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50 % na matrícula + 50% na cuota da escola /actividade de menor importe.
- Familia numerosa: 50 % na matrícula + 50 % en todas as escolas/actividades.
- Familias carentes de recursos económicos (solicitude previa, comprobación e informe feito polos Servizos Sociais municipais): De balde.

AUTORIZACIÓN DE IMAXES

A inscrición implica que o Concello poida difundir libremente a imaxe dos participantes nas actividades, sempre baixo unha utilización sen ánimo de lucro, co obxectivo de difundir e promocionar a programación municipal, intentando salvagardar a imaxe dos menores durante o seu funcionamento. Se non consinte a cesión dos dereitos de imaxe, pode facer a súa rectificación ou cancelación no correo electrónico aula.informatica@concellodeares.com.

PROTECCIÓN DE DATOS

Seguindo o regulamento de protección datos persoais, as persoas solicitantes autorizan o tratamento dos datos facilitados polo Concello de Ares só cos fins asociados á xestión deste formulario. As persoas solicitantes poder exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación dirixíndose ao correo aula.informatica@concellodeares.com ou vía postal a Av. Saavedra Meneses 12 15624, Ares.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
CURSOS DE INFORMÁTICA
DATOS XERAIS DO SOLICITANTE
Nome e Apelidos *
DNI
Data nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Idade *
Enderezo *
Localidade *
Código postal *
Empadroado *
Teléfono *
Correo electrónico *
Solicitante menor de idade *
DATOS AUTORIZACIÓN MENORES
Cumprimentar só se o solicitante é menor de idade
Nome e apelidos de quen autoriza
DNI de quen autoriza
Autorización de imaxes
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy