Laboratorio Las bailarinas no tocan el cielo con Clara Pampyn

Dentro da Residencia Paraíso que a artista Clara Pampyn vai a desenvolver no Pazo da Cultura de Carballo, abrimos un laboratorio, dirixido a a bailarinas, bailaríns, bailarinxs, que traballan ou traballasen para outros artistas, onde reflexionar sobre o lugar do intérprete.

Neste laboratorio proporemos unha serie de dinámicas de debate en relación ao noso traballo que parten de temas como: a fe, o amor, a soidade, a identidade, o colectivo, a imaxe, a formación, o diñeiro, o esforzo, as relacións de poder…

Tamén compartiremos materiais dos encontros celebrados noutros lugares, para poder escoitar a outros bailaríns, que nos servirán de ferramenta para pensar no noso contexto particular e tamén, dalgún xeito, para poder acurtar a distancia entre nós.

Por outra banda compartiremos a práctica física na que se está a traballar que pensa e utiliza o corpo coma se fose un arquivo de memoria do baile. Adestrarémolo para que se abra e deixe que apareza o que nela contén. Non imos buscar xerar nada novo, todo o que imos buscar xa está en nós, pero pode sorprendernos. Como bailarinas podemos ter diferentes técnicas aprendidas, pero tamén xestos familiares, movementos doutras compañeiras, imaxes dalgún desexo. Nesta parte do laboratorio proporemos diversas formas de abordar esa memoria, a través da improvisación. Traballaremos para xerar un corpo dispoñible, cariñoso e brando que xere un fluxo de movemento, unha autovía moi longa de acontecementos. 

A nosa vontade é identificar o que aparece, nomealo, seguir. Baila, nomea, segue. Traballaremos moito a palabra e o movemento, tratando de xerar un fluxo de ambos, unha especie de escritura automática sonora e de movemento. Tentaremos responder, dende a intuición, a palabra e o corpo, ás preguntas: Que é isto? De onde vén? De quen? Que ritmo ten? Que hora usas? Que sensualidade, estrutura, enerxía contén? Onde aprendín este xesto? Cando aprendín este sentimento? Será un traballo que comeza dentro, utilizando prácticas relacionadas coa escoita do corpo en movemento, cara ao exterior, ao común e ao colectivo. A través de todo isto gustaríanos poder construír entre todos un vocabulario, situar os nosos movementos nun centro que é de todos, disolver a autoría, buscar a nosa autonomía como bailarinas. Entre todas tentaremos construír un mapa do noso patrimonio, unha cartografía de sensacións, un manifesto.

Lonxe de querer xerar un discurso sobre a danza, gustaríanos construír un discurso común sobre os que bailan.

O Laboratorio "Las bailarinas no tocan el cielo" desenvolverase no Pazo da Cultura de Carballo entre o 18 e o 29 de xullo 2023. As sesións colectivas marcaranse en relación á dispoñibilidade que vos preguntamos neste formulario. 

Para saber máis sobre Clara e sobre "Las bailarinas no tocan el cielo"

Email *
Nome completo *
Teléfono de contacto *
Email *
Cóntanos un pouco sobre a túa vinculación coa danza *
Cal é a túa motivación para participar no Laboratorio Las bailarinas no tocan el cielo con Clara Pampyn? *
Cal é a túa dispoñibilidade para participar no Laboratorio? Para marcar as sesións de traballo colectivo queremos saber a túa dispoñibilidade. As sesións realizaranse no Pazo da Cultura de Carballo. Todas as datas fan referencia ao mes de xullo.  *
Required
Algo máis que queiras compartir?
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy