CMUS Xoán Montes | Formulario para o desenvolvemento da materia de Novas tecnoloxías aplicadas á música
INFORMACIÓN DE PROTECCIÓN DE DATOS

QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?
Identidade: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e na súa representación CMUS Profesional Xoán Montes.
CIF: Q2768001F
Enderezo postal: Ronda Xosé Castiñeira,  5, CP 27002, Lugo.
Teléfono: 982250563
Enderezo electrónico: cmus.lugo@edu.xunta.gal

CON QUE FINALIDADE TRATAMOS OS SEUS DATOS PERSOAIS?
En CMUS Profesional Xoán Montes tratamos os datos recollidos no presente formulario co fin de xestionar o uso da imaxe da alumna ou alumno para a súa inclusión nas diferentes plataformas detalladas no consentimento.
Non se levará a cabo a toma de decisións automatizadas cos seus datos.

POR CANTO TEMPO CONSERVAREMOS OS SEUS DATOS?
As imaxes captadas e os datos publicados en base ao seu consentimento conservaranse mentres sexan útiles para a entidade, sempre e cando vostede non retire o seu consentimento para esta acción ou exerza o seu dereito de oposición ou supresión.

CAL É A LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO DOS SEUS DATOS? 
A base legal para o tratamento dos datos da alumna ou alumno é o consentimento expreso outorgado mediante o presente documento. Vostede pode retirar o seu consentimento en calquera momento do xeito indicado no formulario. A retirada do consentimento non invalida os tratamentos realizados con anterioridade.

A QUE DESTINATARIOS SE COMUNICARÁN OS SEUS DATOS?
En caso de existir algún tipo de obriga legal, CMUS Profesional Xoán Montes procederá a realizar as cesións legais dos seus datos ás que legalmente estea obrigado. Non están previstas transferencias internacionais de datos persoais a terceiros países.

CALES SON OS SEUS DEREITOS CANDO NOS FACILITA OS SEUS DATOS?
En virtude do establecido no Regulamento xeral de protección de datos, en diante RXPD, pode solicitar:
DEREITO DE ACCESO:  pedir información daqueles datos persoais que dispoñamos acerca de vostede.
DEREITO DE RECTIFICACIÓN: comunicar calquera cambio nos seus datos persoais.
DEREITO DE SUPRESIÓN E ESQUECEMENTO: solicitar a eliminación previo bloqueo dos datos persoais.
DEREITO DE LIMITACIÓN AO TRATAMENTO: supón a restrición do tratamento dos datos persoais.
DEREITO DE OPOSICIÓN: retirar o consentimento do tratamento dos datos opoñéndose a que se sigan tratando.
DEREITO Á PORTABILIDADE: nalgúns casos, pedir unha copia dos datos persoais nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica para a súa transmisión a outro responsable.
DEREITO A NON SER OBXECTO DE DECISIÓNS INDIVIDUALIZADAS: solicitar que non se tomen decisións que se baseen unicamente no tratamento automatizado, incluíndo a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos ou afecte significativamente ao interesado.
DEREITO A RETIRAR O SEU CONSENTIMENTO en calquera momento sen que se anule a lexitimación dos tratamentos que se efectuaran dende que se outorgou o consentimento ata que se retirou.
CMUS Profesional Xoán Montes infórmalle que, en calquera momento, pode exercer estes dereitos mediante a solicitude dos modelos pertinentes na dirección ou a través del enderezo electrónico indicado no primeiro punto da presente política de privacidade.
Cada solicitude de exercicio de dereitos que nos presente deberá conter no asunto a referencia «Exercicio Dereitos RXPD» e incluír os seguintes datos: nome e apelidos, enderezo a efectos de notificación, fotocopia do documento nacional de identidade ou pasaporte, e petición concreta como solicitude. No caso de exercese en nome doutra persoa, deberase achegar un documento que acredite de modo fidedigno a representación ostentada.
Se considerase que algún dos dereitos anteriormente mencionados non foi respectado, vostede terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es/portalwebAGPD/index-ides-idphp.php).
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Ao respecto da elección do anterior enderezo electrónico, é importante considerar que será unha canle de comunicación coas familias. Prégase entón que se trate dun enderezo usado de xeito cotiá.
Propietario ou propietaria do enderezo electrónico recollido ao inicio deste formulario.
Apelidos e nome da alumna ou alumno
(O formato da resposta deberá ser apelido+apelido+coma+espazo+nome)
Teléfono móbil
Usuaria ou usuario do número de teléfono anterior
Respecto deste formulario
Co obxecto de fomentar un traballo continuado, personalizado, funcional e integrado tanto dentro como fora da aula na materia de Novas tecnoloxías aplicadas á música, a nosa intención sería que o alumnado de acudise ao centro con frecuencia co seu propio ordenador.
A alumna ou alumno conta cun ordenador portátil propio?
Sería posible que a alumna ou alumno acudise con frecuencia co seu ordenador portátil á clase da materia de Novas tecnoloxías aplicadas á música?
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This form was created inside of Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes. Report Abuse