XOGOS DEPORTIVOS EN CERVÁS-CHANTEIRO VERANEARES DEPORTIVO 2025
- IDADE E PRAZAS:
  • De 4 a 9 anos de idade (poderán tomar parte só os nenos/as con 4 anos ou que os cumpran no ano 2025)
  • 10 prazas por quenda
- LUGARES E HORARIOS:
  • Na pista polideportiva de Chanteiro e no local social do C. C. Outeiro.
  • Cada luns e mércores, de 11:00 a 13:00 h.
- PREZOS:
  • Quincenais: 15,67 euros (empadroad@s) / 33, 15 euros (non empadroad@s)
  • Mensuais: 27,63 euros (empadroad@s) / 60,77 euros (non empadroad@s)
TRÁMITES E INSCRICIÓNS

As reservas realizaranse para as tres quincenas habilitadas: do 1 ao 15 de xullo (1a quenda), do 16 ao 31 de xullo (2a quenda) e do 1 ao 14 de agosto (3a quenda). Existe a posibilidade de apuntarse por mensualidade completa, previo pago adiantado do importe.

A inscrición será a través da web www.concellodeares.gal, no apartado VeraneAres Deportivo 2025. As prazas cubriranse por orde de inscrición, ata esgotar as prazas, nos prazos que seguen::
  • Empadroad@s ou nen@s con titores empadroad@s: do 2 ao 12 de xuño.
  • Resto de persoas: do 16 ata o 20 de xuño.
No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo familiar, aplicarase un desconto dun 25 % na segunda e sucesivas inscricións.

Procedemento de pago: unha vez confirmada a praza, haberá un período para efectuar a transferencia bancaria nun número de conta destinado a tal efecto.

Lembra que esta información de reserva e prazos só atinxe ao campamento deportivo urbán, xogos deportivos en Cervás-Chanteiros e Xuventude Verán Activo..

Os rapaces e rapazas solicitantes deberán posuír aptitude e autonomía suficientes para desenvolver as actividades do programa VeraneAres Deportivo 2025.

O Concello de Ares disporá de cremas fotoprotectoras para a rapazada participante, que deberán aplicarse antes de comezar a actividade cada xornada (no caso de que as familias non autoricen esta aplicación deberán informar ao monitorado e traer aplicada a súa propia crema protectora)

AUTORIZACIÓN DE IMAXES

A inscrición implica que o Concello poida difundir libremente a imaxe dos participantes nas actividades, sempre baixo unha utilización sen ánimo de lucro, co obxectivo de difundir e promocionar a programación municipal, intentando salvagardar a imaxe dos menores durante o seu funcionamento. Se non consinte a cesión dos dereitos de imaxe, pode facer a súa rectificación ou cancelación no correo electrónico deportes@concellodeares.com.

PROTECCIÓN DE DATOS

Seguindo o regulamento de protección datos persoais, as persoas solicitantes autorizan o tratamento dos datos facilitados polo Concello de Ares só cos fins asociados á xestión deste formulario. As persoas solicitantes poder exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación dirixíndose ao correo deportes@concellodeares.com ou vía postal a Av. Saavedra Meneses 12 15624, Ares.  

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
XOGOS DEPORTIVOS EN CERVÁS-CHANTEIRO
DATOS XERAIS DO SOLICITANTE
Nome
*
Apelidos *
DNI *
Data nacemento
MM
/
DD
/
YYYY
Idade *
Enderezo *
Localidade *
Código postal *
Empadroado *
Teléfono *
Correo electrónico *
Lugar de inscrición *
Quendas de inscición (quincenais, mesuais...)
DATOS AUTORIZACIÓN MENORES
Cumprimentar datos do pai/nai/tutor do menor de idade
Nome e apelidos de quen autoriza
DNI de quen autoriza
Autorización de imaxes
Dúas ou máis inscricións no núcleo familiar *
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report