INSCRICIÓN OBRADOIRO: FACER VISIBLE O INVISIBLE. UN CAMIÑO DE CREACIÓN
FACER VISIBLE O INVISIBLE. UN CAMIÑO DE CREACIÓN
IMPARTE:
Cristina Samaniego

PRAZO DE MATRÍCULA:
INICIO: LUNS 13 DE XUÑO ÁS 00:00H
FIN: XOVES 23 DE XUÑO ÁS 14:00H

DIRIXIDO A:
Aberto para artistas, actrices, actores, directoras/es  ou con relación coas artes escénicas
LUIGAR:
SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL
HORARIO:
Do 6 ao 9 de Xullo.
De 10:00-14:00h
DURACIÓN: 16 HORAS

PREZO MATRÍCULA: 70€
NÚMERO: 15 persoas
A admisión será por orde de inscrición.
Teráse en conta a relación coas Artes Escénicas d@s solicitantes

Unha vez rematado o prazo de inscrición comunicarase a listaxe de admitid@s e a matrícula será efectiva logo de realizar o pago mediante transferencia bancaria do 25 ao 30 de xuño.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
NOME *
APELIDOS *
MAIL *
TELÉFONO *
OBSERVACIÓNS
CONTIDO: Aproximación física á preparación integral do/da actriz e a súa conexión coa creación. QUE É: Unha inmersión no traballo de preparación do/da intérprete poñendo o foco no desenvolvemento da expresión física e vocal, a claridade das accións físicas e a creación de composicións individuais. QUE FORMULA: O público le o corpo do actor/actriz en cada instante, frame to frame. Canto máis preciso e expresivo sexa este, máis crerá o público naquilo que o actor ve. Mais é imprescindible que a intérprete “vexa”, alén das palabras que memorizou e do espazo que a rodea ou os obxectos que utiliza. Precisa descubrir as intencións que garda o texto, desvelar ese precioso segredo e alimentar o seu imaxinario coas sensacións, emocións e razóns que precisa para activar corpo e mente como un todo capaz de expresar con precisión e eficacia todo ese mundo que foi descubrindo. Aprender a expresar o que hai antes das palabras para chegar á verdade da palabra. Este taller estuda como pode o actor facer máis visible o seu mundo interior dunha forma física, sen esquecer a verdade na composición das súas accións. COMO O FORMUL: Desenvolveremos unha serie de exercicios físicos e vocais unipersoais e de ensemble en formato intensivo investigando sobre os principios básicos de peso, espazo e tempo que aplicaremos ao uso do corpo e da voz, como ferramenta que che permita conectar a túa expresividade física e o teu mundo interior e que aplicarás ás túas accións tanto físicas como verbais sobre a escena. Exploraremos a resonancia da voz para axudarte a conectar coa expresión máis íntima da túa sonoridade. Deixar de sentir a voz como un simple son que reproduce palabras para sentila como un son que desvela emocións. OBXECTIVOSTomar conciencia clara do nivel de resposta do teu corpo e da túa voz.Cambiar hábitos adquiridos que poidan estar minguando a túa capacidade expresiva. Adquirir claridade física e mental nas túas propostas. Estimular o fluxo creativo. BIOGRAFÍA CRISTINA SAMANIEGO Actriz, pedagoga e directora teatral. Titulada Superior pola “Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid”, R.E.S.A.D. e Diplomada en Xeografía e Historia pola Universidade de Cantabria, en 1990 comeza unha ardua investigación sobre a linguaxe escénica e pedagoxía teatral. Entre 1990 e 1997, membro da Cía. de Teatro Contemporáneo Atalaya é cofundadora do Laboratorio Internacional de Teatro T.N.T. (Sevilla), realizando unha intensa actividade actoral en festivais internacionais de oito países, como o Festival Internacional de Teatro de Londrina (Brasil), o Festival Internacional FITEI de Porto (Portugal), o Festival Internacional da Habana (Cuba) ou o Melbourne Theatreworks (Australia). Paralelamente desenvolve o seu propio proxecto de investigación sobre pedagoxía teatral dirixindo programas de formación de longa duración dentro do laboratorio TNT e formulando diversos enfoques intensivos sobre o estudo da Dramaturxia do Movemento, o Training Psicofísico e Vocal do actor e a Expresión Verbal noutros centros públicos e privados como as Universidades de Pontevedra, Cantabria, Málaga, Oviedo, A Habana en Cuba ou a Universidade Internacional Menéndez Pelayo UIMP, a Escola de Teatro do Pazo de Festivais de Cantabria, a Escola de Arte Dramático de Getxo (Biscaia), a Escola de Arte Dramático de Melbourne, Australia ou a Escola Libre de Interpretación de Madrid. Todo o seu labor pedagóxico culmina no TEATRO TOTAL, un novo xeito de entender o feito escénico desde a formación do/da intérprete ata a creación escénica que se plasma na dirección de proxectos culturais internacionais como “Teatro del s. XXI. “Los puentes de la voz” (2010-2012), “Semillero” (20122015) e “La Espiral Contemporánea” Encontro Internacional de Novos Coreógrafos coa colaboración do Centro de Prácticas Teatrais Gardzienice (Polonia), a Fundación Mickiewic de Varsovia, a Institución Culture Ireland e a Fundación Santander Creativa. Obtivo os premios ao mellor espectáculo teatral no IV Certame de Novos Investigadores Teatrais CENIT 2012 e á mellor dirección no II Certame Iberoamericano de Teatro Cidade de Trujillo polo espectáculo "El Mar Dulce". Actualmente dirixe o Laboratorio de Investigación Escénica Espacio Espiral en Santander, engadindo un novo enfoque ao seu labor pedagóxico e de investigación en Teatro Total: un novo modo de pedagoxía teatral e a súa aplicación á Educación en Primaria e Secundaria.
Clear selection
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy