CROSS ESCOLAR 2024 NO CEIP CASTRILLÓN (INSCRICIÓNS DO CEIP NAZARET)
Un ano mais comprácenos anunciarvos a celebración do Cross Escolar no centro, e invitar a todo o alumnado do centro e ás suas familias a participar nesta xornada deportiva.

A Anpa FORNOBEDO, en colaboración có club de Atletismo “Vila de Cangas” e “Atletismo Morrazo”,  organizan un ano máis o Cross escolar e popular do CEIP Castrillón.  Xa imos pola XXV Edición!!!!!

Tal e como se leva facendo todos estes anos, invitaremos a todos os centros escolares da contorna a participar neste evento. A súa finalidade non é outra que a de promover o deporte e a convivencia entre o alumnado de diferentes centros escolares e a competición saudable.


DATA: Domingo 28 de Abril
HORA: a partir das 10.00 h

Para tal fin, elaboramos este formulario de inscricións coas categorías correspondentes segundo o ano de nacemento. Agradecemos tamén que nos fagades chegar as diferentes alerxias alimentarias e así preparar as merendas atendendo estas características.
Os dorsáis serán elaborados pola nosa Anpa e entregados o mesmo día do cross. Cada centro participante deberá asignar a unha persoa responsable de recoller ditos dorsais nas mesas habilitadas para tal fin antes do inicio do cross.

As probas darán comezo ás 10.00h , sendo a orde de participación a seguinte: prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, pitufos, cadetes e popular/pais/nais. Esta orde pode alterarse en función das condicións metereolóxicas.

Ao remate das carreiras, farase a entrega de premios e posterior sorteo de agasallos entre todos os participantes.


A DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN SERÁ O 22 DE ABRIL ÁS 14.00H

(Está permitida a inscrición o mesmo día do cross só ata o comezo do mesmo, que será ás 10:00h)
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome e apelidos da persoa participante 
(cubrir 1 formulario por participante. Se hai mais membros da familia que desexen inscribirse, cubrir outro formulario novo)
*
Categorías segundo o ano de nacemento *
Required
Alérxias alimentarias *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy