Qué queremos acoller no noso teatro en 2022?
Con emoción retomamos o exercicio de curadoría colectiva dentro do proxecto de Programación Expandida do TRC Danza. Propoñemos unha experiencia de investigación e reflexión arredor da selección de artistas para o programa de danza do Teatro Rosalia de Castro no 2022.
Neste convite aberto, valoraremos algunhas pezas, tanto galegas como do territorio nacional, que sobrevoan a posible programación que prepara o director do teatro, Paulo Rodríguez. A vontade deste proceso é a de analizar, sopesar e fundamentar de xeito colectivo a selección dalgún dos traballos que formarán parte do programa 2022 nun exercicio de curadoría colectiva entre o público de danza do noso teatro e a comunidade artística local; miradas máis e menos especializadas conversando xuntas sobre o que queremos acoller no noso teatro na vindeira temporada.
🟡 Cando: sábado 23 de outubro, sábado 3 de outubro e sábado 6 de novembro de 11 a 13 horas
🟡 Onde: na sala Xan Eirís do Teatro Rosalía de Castro
🟡 Como: prazas limitadas previa inscrición