PROGRAMA sendARES 2024:
TEMPADA II - de outono a primavera

Un programa para coñecer e recoñecer o patrimonio natural dende o sendeirismo.

Ruta 9:  Costa da Morte: Laxe - Arou (26 de maio) - Precio: 30 euros
  • Hora de saída a pé: 08:00 horas.
  • Hora de chegada en bus: 18:00 horas.
  • Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
  • Información técnica: Ruta de 18 km // Desnivel + 330 m // Desnivel - 338 m. Dificultade MEDIA.
  • Inscricións:  Empadroados/as: do 30 de abril ao 3 de maio, ambas ás 18:00 h.  Non empadroados/as: do 3 de maio ás 18:00 h. en adiante.
  • mite de 25 prazas por orde de inscrición.
Correspóndense  cunha das etapas da coñecida como ‘Camiño dos Faros’. Trátase dunha ruta de difultade media que se achega a impresionantes calas, praias e paisaxes mariñas, transcurrindo por zonas de rochas e puidendo gozar das vistas únicas que culminarán nun dos faros máis coñecidos da Costa da Morte: o Cabo Vilán.

NORMATIVA DO PROGRAMA
  • Esta programación de sendeirismo pretende propiciar o desenvolvemento da actividade física no medio rural, axudar a establecer formas de vida saudables e promover o coñecemento da nosa contorna dende unha percepción activa.
  • Está dirixido a calquera persoa maios de 12 anos. No caso de menores de idade, deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable, que deberá ser comunicado no momento da inscrición.
  • As inscricións realizaranse para cada actividade por separado na forma e prazos establecidos. Rematado o prazo, elaborarase un listado de participantes e unha lista de garda que se empregará no caso de que houbera baizas.
  • Para formalizar a inscrición é preciso acceder á web municipal (www.concellodeares.gal) e premer en SendAres 2023; desta maneira enviarase a solicitude de participación. As solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición, de cara a confeccionar os listados de cada ruta en base a este criterio.
  • Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. Cada ruta ten un prezo distinto no que se incluirá servizos de guía, seguros e transporte.
  • Os desprazamentos serán sempre en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente. Por norma xera, partirase da Praza da Igrexa de Ares. Nas viaxes será obrigatorio empregar a máscara de hixiene sanitaria.
  • Cada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, sen esquecer o seu avituallamento persoal, amais do calzado e da roupa adecuada á práctica deportiva.

AUTORIZACIÓN DE IMAXES

A inscrición implica que o Concello poida difundir libremente a imaxe dos participantes nas actividades, sempre baixo unha utilización sen ánimo de lucro, co obxectivo de difundir e promocionar a programación municipal, intentando salvagardar a imaxe dos menores durante o seu funcionamento. Se non consinte a cesión dos dereitos de imaxe, pode facer a súa rectificación ou cancelación no correo electrónico deportes@concellodeares.com.

PROTECCIÓN DE DATOS

Seguindo o regulamento de protección datos persoais, as persoas solicitantes autorizan o tratamento dos datos facilitados polo Concello de Ares só cos fins asociados á xestión deste formulario. As persoas solicitantes poder exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación dirixíndose ao correo deportes@concellodeares.com ou vía postal a Av. Saavedra Meneses 12 15624, Ares.

NOTA INFORMATIVA

Se pasados os prazos administrativos non recibe ningunha comunicación por parte da Organización (deportes@concellodeares.com) da ruta, consulte a súa bandeixa de SPAM dentro do correo electrónico. Pode ser que a información sobre os seguintes trámites e/ou avisos vaian redirixidos a ese cartafol.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Costa da Morte: Laxe - Arou
DATOS XERAIS DO SOLICITANTE
Nome e Apelidos *
DNI
Data nacemento
MM
/
DD
/
YYYY
Idade *
Enderezo *
Localidade *
Código postal *
Empadroado *
Teléfono *
Correo electrónico *
Solicitante menor de idade *
DATOS AUTORIZACIÓN MENORES
Cumprimentar só se o solicitante é menor de idade
Nome e apelidos de quen autoriza
DNI de quen autoriza
Autorización de imaxes
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy