Taller de Público(s) | Festival Primavera TRC Danza 2022
Dende Programación Expandida TRCDanza organizamos, como vén sendo habitual, un taller de público(s) da man da investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza e da artista e coordinadora do programa Caterina Varela.

O obxectivo é compartir e conversar sobre as distintas derivas que emerxen no campo da danza e da creación contemporánea, acompañando a programación anual do ciclo TRC Danza 2022. Un convite a todas as persoas interesadas no campo da danza e da creación contemporánea, curiosas de ampliar a súa mirada dende unha posición de espectadores activos.
 
Acompañando o festival de primavera TRC Danza 2022 é que situamos a primeira parte do taller de público(s), valéndonos dos distintos artistas convidados ao programa. Artistas e obras que serven como puntos guía do mapa no que debuxar a ruta a camiñar durante o transcurso do taller. A presenza no noso teatro de creadoras e creadores como Guillermo Weickert, Colectivo Glovo, Poliana Lima, Gaston Core, María R. Soares, Elahood e Félix Fernández entre o 29 de abril e o 14 de amio son un motivo marabilloso para tecer e destecer o que as súas obras provocan no outro.

> CANDO E ONDE

> mércores 27 de abril de 19 a 21 horas
> sábado 30 de abril de 11 a 13 horas
> mércores 4 de maio de 19 a 21 horas
> sábado 7 de maio de 11 a 13 horas
> mércores 11 de maio de 19 a 21 horas
> sábado 14 de maio de 11 a 13 horas

> Na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía de Castro
> Rúa Riego de Agua, 37, 15003, A Coruña


Taller de Público(s) é unha actividade gratuíta e o número máximo de prazas está limitado.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome completo *
O teu correo electrónico *
O teu teléfono de contacto *
En que sesións che gustaría participar? *
Required
Gustaríanos saber algo sobre ti e sobre o que te atrae a esta convocatoria *
Participaches no Taller de Público(s) con anterioridade? *
Tes pensado asistir ás funcións do Festival Primavera TRC Danza 2022? *
A cales?
Queres comentarnos algo máis?
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy