Taller de Público(s) | Festival Primavera TRC Danza 2021
Dende a Programación Expandida TRCDanza organizamos, como vén sendo habitual, un taller de público(s) da man da artista e coordinadora do programa Caterina Varela.

O obxectivo é compartir e conversar sobre as distintas derivas que emerxen no campo da danza e da creación contemporánea, acompañando a programación anual do ciclo TRC Danza 2021. Un convite a todas as persoas interesadas no campo da danza e da creación contemporánea, curiosas de ampliar a súa mirada dende unha posición de espectadoras activas.

Acompañando o festival de primavera TRC Danza 2021 é que situamos a primeira parte do taller de público(s), valéndonos dos distintos artistas convidados ao programa. Artistas e obras que serven como puntos guía do mapa no que debuxar a ruta a camiñar durante o transcurso do taller. A presenza no noso teatro de creadoras e creadores como Colectivo Nerval, Mikel Aristegui, Andrea Quintana, Manuel Rodríguez, Amalia Fernández, Marta Alonso ou Diego Anido nas primeiras semanas de xuño, son un motivo marabilloso para tecer e destecer o que as súas obras provocan no outro.

Continuamos dando pasos adiante cara á consolidación dun público cada vez máis comprometido co que acontece no teatro da nosa cidade. Un teatro que se recoñece como propio.

> CANDO E ONDE
 
> martes 1 de xuño de 19 a 21 horas
> sábado 5 de xuño de 11 a 13 horas
> martes 8 de xuño de 19 a 21 horas
> sábado 12 de xuño de 11 a 13 horas

> Na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía de Castro
> Rúa Riego de Agua, 37, 15003, A Coruña


Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome completo *
O teu correo electrónico *
O teu teléfono *
En que sesións che gustaría participar? *
Required
Gustaríanos saber algo sobre ti e sobre o que te atrae a esta convocatoria *
Participaches no Taller de Público(s) con anterioridade? *
Tes pensado asistir ás funcións do Festival Primavera TRC Danza 2021? *
A cales?
Queres comentarnos algo máis?
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy