ACEPTO AS SEGUINTES NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN:1ª) O solicitante será o responsable do cumprimento destas Normas. Deberase contar co persoal e co material suficiente para o seu debido control.
2ª) O volume do combustible da fogueira non sobrepasará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura. Disporase, no posible, de auga no lugar de realización das foguieras, preferiblemente cisterna ou camión motobomba
3ª) A separación entre as fogueiras e os edificios e árbores serán como mínimo de 12 metros
4ª) As fogueiras realizaranse en aquelas zonas habilitadas para tal fin (limpeza do entorno, selección dun lugar axeitado, etc.) Terase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.
5ª)Prohibirase a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, etc en en xeral de calquera sustancia que ó arder desprenda fume tóxico.
6ª) En ningún caso se botarán ó lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estén baleiros.
7ª) No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público enlousados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de, alomenos, 10 cms.
8ª) Ao finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar dela, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e comprométense a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas. Non se abandonará a vixilancia da/s fogueira/s ata que se apague totalmente o fogo e se comprobe que non existe risco algún de incendio.
9ª).- A autorización previa outorgada polo Concello poderá ser revogada nos casos en que non sexa posible garantir as medidas de seguridade e prevención dos incendios por estaren os medios dispoñibles dentro do Distrito Forestal realizando outros traballos de extinción que aconsellen a súa mobilización de xeito preferente a atallar os lumes declarados.
10ª)- A autorización outorgada non eximirá en ningún caso