Queres formar parte da nosa comunidade SDA para intercambiar experiencias e gañar coñecemento sobre a importancia da biodiversidade dos solos e a súa relación coa produción e servizos ambientais?
Título do proxecto: Incremento da biodiversidade dos solos nos agroecosistemas europeos para promover a súa estabilidade e resiliencia coa redución de insumos externos e incremento e mellora das colleitas– SoildiverAgro (proxecto H2020 817819)

Coordinador do proxecto: David Fernández Calviño, Universidade de Vigo

Coordinador Rexional: Paula Pérez Rodríguez, Universidade de Vigo

Sobre o proxecto SoildiverAgro: O obxectivo do proxecto SoildiverAgro é a adopción de novas prácticas de manexo e sistemas de cultivos que melloren a biodiversidade dos solos agrarios, contribuíndo a un descenso no uso de insumos externos, mantendo ou incrementando produción e calidade da colleita, os servizos ecosistémicos e a estabilidade e resiliencia da agricultura europea.

Finalidade de súa participación: Vostede é invitado/a a participar no noso estudo para identificar agricultores a través de Europa que implementen prácticas de manexo de solo sustentable para mellorar a biodiversidade edáfica e avaliar as súas motivacións e os beneficios que están obtendo. Tamén se pretende identificar agricultores que non implementen esta estratexia pero que estean interesados en recibir información para adoptala. A idea é poñer en contacto a través de seminarios, se se autoriza explicitamente, a agricultores para intercambiar experiencias e facilitar o intercambio de coñecementos sobre a biodiversidade dos solos e a súa relación coa produción e servizos ambientais. Contactaremos con vostede para convidalo a diferentes actividades.

Implicación temporal: Este estudo podería prolongarse ate un máximo de cinco anos despois da súa participación.

Riscos e beneficios: Non existen riscos asociados. Non podemos garantir ou prometer que vostede reciba beneficios por este estudo. A súa decisión sobre participar neste estudo específico non afectará á súa participación noutras actividades do proxecto SoildiverAgro.

Pago: Vostede non vai percibir ningunha compensación económica pola súa participación.

Dereitos: A súa participación é sempre voluntaria e ten o dereito de retirar o seu consentimento ou decidir non seguir participando en calquera momento sen ningún tipo de consecuencias. Ten o dereito a negarse a responder ás preguntas que considere. O seu nome e datos de contacto serán sempre confidenciais, e nunca serán públicos, localizables ou accesibles. Vostede será sempre o propietario dos datos obtidos.

Uso de datos/mostras: Os datos e/ou materiais recollidos formarán parte de estudos que poderían ser presentados en reunións científicas ou profesionais ou publicados en revistas científicas ou profesionais dentro da estratexia de comunicación e difusión de SoildiverAgro. Os datos persoais serán procesados simplemente con fins administrativos, operativos, contables, de investigación ou de seguimento, que son necesarios para a implementación segura de SoildiverAgro, sen prexuízo dos dereitos individuais en relación á normativa relevante.

Almacenamento, protección, retención e destrución de datos: os datos almacenaranse de forma segura en discos duros personais con clave de acceso e na plataforma dixital institucional de SoildiverAgro para evitar problemas de confidencialidade durante o proxecto. A Universidade de Vigo protexe a plataforma dixital de virus e pirateo coa realización de copias de seguridade periódicas. Na situación de acceso accidental, bastante improbable, comunicarase o suceso para decidir se quere eliminar os seus datos. Por defecto, os datos persoais serán destruídos tras un período de 36 meses despois da finalización do proxecto SoildiverAgro.

Información de contacto: se ten preguntas, dúbidas ou queixas sobre este estudo, os seus procedementos, riscos e beneficios, pode contactar co Coordinador do Proxecto e coordinador rexional (Dr. David Fernández Calviño; davidfc@uvigo.es; +34 988 36 8888).

Contacto independente: Se vostede non está satisfeito coa maneira que este estudo está sendo executado, por favor, contacte co Sr. Anxo Moreira, Universidade de Vigo (otri9@uvigo.es, +34 986 81 2236) para falar con alguén independente ao equipo de investigación.
Responsable da protección de datos: Dra. Ana Garriga Domínguez (Universidade de Vigo): dpd@uvigo.es; +34 988 36 8834.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Dou consentimento para rexistrar os meus datos na Comunidade SoildiverAgro para amosar o meu interese en prácticas sustentables do solo que melloren a biodiversidade (Indicar Si ou Non) *
Dou consentimento para amosar o nome e localización da miña empresa como participante da Comunidade SoildiverAgro na páxina web do proxecto (www.soildiveragro.eu) (Indicar Si ou Non) *
Dou consentimento para poñerme en contacto con outras empresas interesadas en aplicar prácticas sustentables do solo que melloran a biodiversidade (Indicar Si ou Non) *
Por defecto, a súa identidade (nome e datos de contacto) será sempre anónima e confidencial.
Nome e apelidos *
Data *
MM
/
DD
/
YYYY
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy