ACCIÓNS DE MITIGACIÓN
Para chegar a cumprir os obxectivos de diminuír un mínimo do 40% as emisións de CO2 en Santiago de Compostela é preciso tomar unha serie de medidas relativas á mellora da eficiencia enerxética, á potenciación das enerxías renovables, á mobilidade sostible, á concienciación, etc. Ademais, é importante ter en conta a realidade territorial de Santiago de Compostela e a interconexión con outros plans municipais como o PXOM.

Tamén é preciso ter en conta que un Goberno Local non pode incidir sobre todas as políticas, pero si pode tomar medidas que afectan aos seus propios consumos (por exemplo, pode instalar paneis solares nos edificios municipais, ou cambiar a súa flota de vehículos de combustión por eléctricos ou GLP) e tamén pode tomar medidas que fagan fincapé na redución dos consumos privados (por exemplo, pode propiciar a circulación en bicicleta para diminuír os desplazamentos en coche, ou promover o uso de enerxías renovables nos fogares e nos comercios, ou levar a cabo medidas de asesoramento e formación).

Neste formulario podes aportar ata 3 ideas. Se tes máis, podes volver a entrar no formulario!
(Recorda que atoparás unha biblioteca de boas prácticas en municipios de toda Europa que poden servir como fonte de inspiración en: https://www.pactodelosalcaldes.eu/planes-y-acciones/buenas-pr%C3%A1cticas.html)

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Indicános o teu nome, se o desexas, e un e-mail ou teléfono de contacto. *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy