"DISONANCIAS" - Formulario de participación no proxecto
DISONANCIAS é un documental de creación que se realizará a través do desenvolvemento de diversas metodoloxías de participación, en tanto que indagará na construción do espazo sonoro na provincia da Coruña a partir do encontro de escolares, persoas maiores, persoas de diferentes raíces culturais e con diversidade funcional e sensorial.

O proxecto xira ao redor de algo tan particular como o son, pero non como fenómeno físico baseado na propagación de ondas, senón o son como parte do patrimonio cultural inmaterial da nosa construción social. Do acervo da memoria pero tamén da construción do futuro, inevitable conxunto de trazos xeracionais.

“Todo fenómeno de identidade non é senón o resultado da tensión que se establece entre unha memoria sonora e unha escoita futura ou proxectada”. (Ricardo Atienza)


Sign in to Google to save your progress. Learn more
Cine & Investigación
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy