Vén aí a I Feira do Mercado Social en Xinzo de Limia!
O domingo 27 de outubro temos cita co Mercado Social de Xinzo de Limia!

REAS Galiza (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), organiza dita feira para o Concello de Xinzo de Limia que terá lugar na contorna da Casa da Cultura. Unha actividade enmarcada na promoción do impulso do cooperativismo e economía social financiada pola Rede EUSUMO e o Concello de Xinzo de Limia.
O horario previsto da feira será aproximadamente de 11.00h a 20.00h, e contará cos seguintes espazos:
  • Mostra de produtos e servizos de entidades pertencentes a ESS, onde cada unha delas contará con un posto específico. O espazo estará dividido en dous ambientes: un espazo onde estarán entidades de sectores afíns ao sector agroalimentario, produción local e alimentación sostible, e un espazo máis destinado a mostrar novos sectores emerxentes onde contaremos con stands para difundir servizos e produtos complementarios como finanzas éticas, transporte e mobilidade, economía circular, xestión de residuos, etc.

  • Espazos divulgativos e para actividades paralelas para difundir, sensibilizar e fomentar o encontro e cooperación, e lúdicas como reclamo para atraer a público e ter espazos de distensión. 

Para a selección das entidades, organización e proxectos que acudiran cos seus postos a feira establecemos uns criterios de identificación das entidades participantes directas:
  • Coñecer e compartir os valores e principios da carta de economía social e solidaria.
  • Prioridade a entidades e proxectos locais.
  • Prioridade de pertencer a algún dos seguintes sectores : agroalimentario, produtos locais, alimentación sostible, novas tecnoloxías, trasporte e mobilidade, finanzas éticas, enerxías renovables e transición enerxética.
  • Interese en poder compartir experiencias e coñecementos.

Se queres participar como entidade co teu posto, cubre o seguinte formulario.
*DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 26 de setembro.

Lembrade que participar co voso posto non ten custe algún, e desde a organización facilitaranse os soportes expositivos completamente de balde.

Unha vez recibida a vosa solicitude e pechado o prazo de inscrición, recibiredes un correo-e de confirmación de participación e as indicacións e información práctica da mesma.

Temos vontade de crear un lindo espazo de encontro e partilla, que adobaremos con actividades de dinamización do coñecemento, lúdicas e culturais para gozarmos dunha xornada do máis gorentosa.

Agradecemos que estendades esta información a quen consideredes de interese e agardamos vervos en Xinzo!


Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023/2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.


Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
INSCRÍBETE!
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report