Manifesto galego contra o bloqueo e as sancións a Venezuela
Desde a Galiza, as organizacións abaixo asinantes queremos facer pública a nosa solidariedade co pobo de Venezuela ante o recrudecemento das sancións económicas e do bloqueo imposto polos EUA. Estas medidas, encadradas na agresiva política inxerencista liderada por Trump, pretenden por todos os medios afogar a economía do país, perxudicando directamente a poboación para, a costa do seu sufrimento, tentar forzar un cambio político afín aos intereses imperiais.

A ofensiva iniciada xa no final da era Obama, cando declarou Venezuela como unha "ameaza inusual e extraordinaria” á seguridade nacional dos EUA, viu agora multiplicada a súa virulencia baixo o actual mandato de Donald Trump, que xunto ás ameazas cada vez menos veladas de ataque militar directo, traballa activamente para privar a poboación dos recursos e insumos necesarios para se desenvolver con normalidade.

Os mesmos que din preocuparse polo pobo venezolano son os que coas súas sancións dificultan o seu acceso a bens básicos como alimentación ou medicinas. Din querer un futuro mellor para Venezuela, pero son os que bloquean os activos venezolanos no exterior e rouban as súas reservas, os que dificultan ao máximo a saída das súas exportacións e o acceso aos mercados internacionais, mesmo presionando e ameazando calquer país que pretanda manter relacións normalizadas co país bolivariano.

Todos estes ataques contan coa vergoñenta complicidade da dereita opositora, que fala de paz, democracia e mesmo de “axuda humanitaria” mentres alenta activamente a agudización da crise e dos padecimentos do pobo que di representar.

Frente a esta guerra económica, o heroico pobo venezolano segue a resistir sen ceder á chantaxe e a organizarse para paliar os efectos das agresións, defendendo o respeito á súa vontade e plena soberanía nacional.

Por todo isto, é o noso deber reafirmar a solidariedade activa con ese digno pobo e o rumo que escolleu para o seu país. Por tanto, esiximos o fin inmediato do bloqueo e de todas as sancións, ameazas, inxerencias e presións externas, para que Venezuela poda desenvolverse libremente cara a un horizonte de paz, democracia e xustiza social.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Colectivo *
Enderezo electrónico do colectivo *
Asinatura *
Required
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy